Campionato de España MAPFRE Absoluto de Tenis Praia 2024
A pasada fin de semana disputouse na praia da Paella (Torredembarra, Cataluña) o Campionato de España MAPFRE Absoluto, coa representación de 5 xogadores galegos: Jorge Martínez, Alejandro Pose, Diego Negreira, Eva Ducet e Lydia García.
Comezamos pola categoría individual, onde destaca o papel de Diego Negreira, que chegou aos cuartos tras gañar dúas roldas, a primeira ante Eduard Inglés (7-3) e, en oitavos de final, ao valenciano Sergio Grimalt, cabeza de serie 6 ( 7-4). Xa en cuartos de final non puido vencer ao balear Óscar Rodrigo, subcampión do torneo, caendo por 7-2. O español tamén foi o verdugo de Jorge Martínez, pero neste caso na primeira rolda, co mesmo resultado (7-2). Posteriormente, na consolación, a sorte non estivo co xogador galego, xa que tivo que enfrontarse na primeira rolda ao melillense Nicolás Volpe, cabeza de serie 2 e campión de consolación. Alejandro Pose perdeu na primeira rolda ante Asier Fernández, 7-4 e, na consolación, 7-5 ante Víctor Brun.
Na proba feminina, a xogadora Lydia García gañou a primeira rolda por 7-0 á catalá Mora Sharabi, pero despois caeu ante a 2ª cabeza de serie, a canaria Omayra Farías (7-2), que se proclamaría subcampioa, perdendo ante a súa compañeira de dobres, Daniela Rodríguez.
Este ano disputouse por primeira vez a categoría mixta, contando con dúas parellas galegas. Eva Ducet e Diego Negreira impuxéronse na primeira rolda aos cataláns Raquel Risco e Eduard Batlles, no supertie-break, 4-6/6-4/10-3; despois caeron ante os cataláns Marc Filella-Natalia Gómez, cabezas de serie 7 (6-3/6-1). A outra parella galega estivo formada por Jorge Martínez e Lydia García, que caeron na primeira rolda ante os canarios María Teresa Blanco e Raúl Dávila nun partido axustado decidido no súper tie-break, 4-6/6-3/8-10. No tramo de consolación non conseguiron gañar o primeiro partido ante os cataláns Fortuny-Simon (7-4).
Nos dobres femininos, a parella formada por Eva e Lydia, tras gañar na primeira rolda ás catalás Helena Velasco e Elena Atero (7-5/6-3), caeu en oitavos de final ante o dúo canario Omayra Farías. Daniela Rodríguez (cabeza de serie 2), cun dominante 6-1/6-2, as que se proclamarían subcampioas do torneo, perdendo na final ante as catalás Eva Fernández e Ariadna Costa.
Na modalidade masculina, Alejandro e Jorge caeron na primeira rolda ante os cataláns Emmanuel Sorroche-Alex Colomer (6-2/6-2). Na consolación, lograron gañar unha rolda ante o dúo madrileño-andaluz formado por Nicola Esposito-Pablo García (7-5) e, perdendo na seguinte, ante os andaluces David López-Samuel Hernández nun partido moi igualado, que se decidiu no tie-break 7-6 (5). A outro participante galego, Diego Negreira, fixo parella co xogador balear Sebastián Insua, gañaron a primeira rolda ante os citados Esposito-García (6-4/7-5), caendo na segunda contra os cataláns, cabeza de serie 13, Martí Magriñá-Víctor Martínez (6-2/6-3).
Felicitar aos campións das distintas categorías: Antomi Ramos, Daniela Rodríguez, Gerard Rodríguez-Ariadna Costa, Eva Fernández-Ariadna Costa e Antomi Ramos-Gerard Rodríguez. Así como a todos os nosos xogadores galegos pola súa participación.
Crónica de Lydia García