Campionato de España MAPFRE de Tenis Infantil «Memorial Manuel Alonso» 2022

Rematou o Campionato de España MAPFRE de Tenis Infantil «Memorial Manuel Alonso» no Complexo Deportivo Municipal Las Norias de Logroño. Publicamos os resultados dos/as xogadores/as galegos/as, destacando os de Emma Baliña e Andrés Pereiro que conseguiron chegar aos cuartos de final.

Resultados nos cadros individuais:

  • Andrés Pereiro López (Club Tenis As Termas), partíu de cabeza de serie número 5 e pasou a primeira rolda con soltura, vencendo 6-1 6-3 a Marcos Romero Ramos. Na segunda rolda gañou a Tomás Torres Remon por 6-2 e 7-5. En oitavos de final, eliminou a Alex Sala Pages 6-4 6-2. En cuartos de final perdeu ante o xogador con mellor clasificación do cadro, Valentín González-Galiño Ortuño.
  • Emma Baliña Rodríguez (Club Tenis Rial) superou a primeira rolda ao vencer a Ainara Martínez Grande por 6-1 6-3 e gañou na segunda á súa rival, a cuarta cabeza de serie, Sorana Matis 7-6(12) 6-2. Despois se desfixo de Ana Alcobas Aparicio cun resultado de 7-5 6-2. Finalmente, en cuartos de final non puido facer nada ante a subcampioa do torneo, Gabriela C. Paun Lazar.
  • Ramón Talín Maíz (Club Tenis Coruña) non logrou superar a primeira volta ao caer por 6-4 e 6-1 ante Yago Castellanos Sánchez.
  • Raul Carreto Martínez (Club Tenis Tui) perdeu na primeira volta ante Vlad Secara cun resultado de 6-2 6-1.
  • Nicolás Bellas Panadero (Club Tenis Coruña) perdeu no primeiro encontro ante Alejandro Benavides Almendros, o resultado 6-2 6-4.
  • Sol Junquera Martínez (Ureca) e Noa Pena Paz (Club Tenis Coruña) comezaron a súa participación enfrontándose, a vitoria foi para Noa cun resultado de 6-1 6-0. Despois perdeu por 6-0 e 6-3 ante a favorita Charo Esquiva Bañuls nos dezaseisavos de final.
  • Naiara Martínez Quintana (Ureca) tivo que retirarse por unha escordadura no segundo set do encontro que a enfrontou na primeira rolda a Iris Álvarez Fernández, 6-2 3-0 (retirada).

Resultados nos dobres:

  • En dobres masculino, Nicolás Bellas Panadero (Club Tenis Coruña) e Andrés Pereiro López (Club Tenis As Termas) venceron a A. García / N. Zuñiga por 6-4 6-2 pero tiveron que abandoar na seguinte rolda.
  • A outra parella masculina, Raul Carreto Martínez (Club Tenis Tui) e Nicolás Bellas Panadero (Club Tenis Coruña) non lograron superar a Helguera / Revilla na segunda rolda, o resultado 6-3 6-1.
  • Na categoría de dobres femininos, Noa Pena Paz (Club Tenis Coruña) formando parella con M. Ruiz Gómez, non logrou vencer na primeira volta a Aguilar / Giaccio.
  • Tampouco lograron pasar rolda Carlota Souto Piñeiro (Ureca) e Sol Junquera Martínez (Ureca), que perderon ante Romero/Skoog cun dobre 6-2.

Xogadores galegos que participaron:

  1. Andrés Pereiro López (Club Tenis As Termas)
  2. Ramón Talín Maiz (Club Tenis Coruña)
  3. Raul Carreto Martínez (Club Tenis Tui)
  4. Nicolás Bellas Panadero (Club Tenis Coruña)
  5. Sol Junquera Martínez (Ureca)
  6. Noa Pena Paz (Club Tenis Coruña)
  7. Emma Baliña Rodríguez (Club Tenis Rial)
  8. Naiara Martínez Quintana (Ureca)
  9. Carlota Souto Piñeiro (Ureca)

Capitáns: José Andrés Pereiro e Javier Currás

Comparte