Galicia semifinalista no Campionato de España MAPFRE de Tenis de Seleccións Infantís por Comunidades Autónomas 2021

Bo resultado para a Selección Galega no Campionato de España MAPFRE de Tenis de Seleccións Infantís por Comunidades Autónomas, na Academia de Equitación Juan Carlos Ferrero de Villena. Os dous equipos conseguiron chegar ás semifinais cedendo ante o conxunto da Comunidade Valenciana, que resultou vencedor nas dúas categorías, masculina e feminina.

A selección galega estivo formada por:

  • Clara Aramillet Martínez
  • Charlotte Magan Cascallar
  • Blanca Trillo Pita da Veiga
  • Andrés Pereiro López
  • Yeray Quián Darriba
  • Alejandro Reboredo Orge
  • Capitán: Iago Fernández - Reija Varela

As rapazas eliminaron á Comunidade de Madrid por 2-1 e venceron a Extremadura por 2-0. En semifinais non lograron superar ás xogadoras da Comunidade Valenciana.

Os rapaces venceron a Navarra por 2-0 e eliminaron a Canarias cun resultado de 2-1. En semifinais tamén cederon ante os valencianos.

¡Parabéns equipo!

Comparte