Resultados dos galegos no Campionato de España Cadete de Tenis Mapfre 2022

Do 19 ao 26 de xuño celebrouse no Club Tenis d'Aro o Campionato de España Cadete de Tenis Mapfre, no que participaron os seguintes xogadores galegos:

  1. Ana Nóvoa Sánchez
  2. Izan Díaz Estévez
  3. Clara Aramillet Martínez
  4. Hugo Álvarez González
  5. Blanca Trillo Pita da Veiga
  6. Carlota Cota Vavrinova

Capitán: Ricardo Álvarez Pérez

Resultados:

En categoría feminina, Blanca Trillo Pita da Veiga e Carlota Cota Vavrinova estiveron a piques de conseguir un lugar no cadro final feminino.

Carlota cedeu no pase ante Candela Cimarra Muñoz e Blanca ante Carmita Samper Fernández-Vil.

Ana Nóvoa Sánchez (actual campioa galega cadete 2022) e Clara Arambillet Martínez enfrontáronse na primeira ronda do cadro final. A vitoria foi para Clara cun resultado de 64 26 63. Na segunda volta, Clara non conseguiu o seu pase aos oitavos de final tras perder ante Carlota Corte Arroyo por 62 62.

En canto aos resultados masculinos, Hugo Álvarez González conseguiu superar a previa masculina eliminando a Robert Watzka Parada 61 67(3) [10-7] e a David Ruiz-Galán Flores 63 36 [10-7]. Na primeira rolda do cadro principal venceu a Nathan Walters Llavia 64 61, na segunda volta non logrou derrotar ao cabeza de serie número 3, Sergio Planella Hernández, Hugo perdeu por 62 60.

Izán Díaz Estévez, actual campión galego cadete 2022, remontou o seu encontro de primeira rolda ante Asier Gómez Álvarez, vencendo cun resultado de 06 76(3) 63. Na segunda volta perdeu contra o segundo favorito do torneo Rafael Segado Estevez. por 62 63 .

Por outra banda, Galicia quedou sen representación na proba de parellas femininas. Blanca Trillo e Carlota Cota caeron na primeira rolda e Ana Nóvoa, formando parella con C. Contreras Díaz, tamén quedou eliminada no primeiro partido do cadro.

En dobres masculino, Izán Díaz logrou pasar á segunda volta xunto a I. Almazan Valiente tras vencer por 61 36 (10-4), en oitavos de final enfrontáronse a C. Cordoba Martinez / P. Martínez Gómez, non conseguiron o pase a cuartos despois de perder por 75 76(3). Hugo Álvarez que xunto con N. Volpe Bravo quedou eliminado na primeira rolda.

Parabéns a todos os xogadores

Comparte