O Campionato de España MAPFRE de Tenis Alevín 2022 chega ao seu fin

O Campionato de España MAPFRE de Tenis Alevín, celebrado do 19 ao 26 de xuño no Club de Tenis Almería, chega ao seu fin.

Estes son os/as xogadores/as galegos/as participantes:

  1. Ana Victoria Mella García
  2. Irene García Enciso
  3. Blanca Talín Maíz
  4. Yaiza Quián Darriba
  5. Maire Grace Ryan Pías
  6. Mateo Valares Otero
  7. Pablo Somoza Remeseiro
  8. Leo Sánchez Pérez
  9. Yago Díaz Pérez
  10. Marcos Pacheco Rodríguez

Capitáns: Alejandro Soto Curto e José Andrés Pereiro Rodríguez.

Resultados destacados:

Mateo Valares Otero foi o único xogador galego que disputou a fase final individual do Campionato de España Alevín de Tenis MAPFRE 2022, tras vencer a J. González Alonso e J. Aznar Muro na fase preliminar do torneo. Na fase final enfrontouse na primeira volta a Toni Escarda Piñeiro e non pasou a cuartos tras perder 60 61.

No cadro de dobres non houbo sorte para os galegos, a parella formada por Mateo Valares Otero e Pablo Somoza Remeseiro non conseguiu o pase aos oitavos de final tras ser eliminados polos xogadores P. Toledo Cano / Tomas Martin Duffek por 6 3. Os xogadores Leo Sánchez Pérez e Yago Díaz Pérez tampouco lograron a clasificación para os oitavos de final tras perder ante a parella formada por H. Suárez Castellano / I. Navarro Bocage por 6 2.

No cadro feminino quedaron fóra do torneo as xogadoras Irene García Enciso / Blanca Talin Maiz tras perder contra Cristina Evelyn Garcia / Pulido por 6 1. Os xogadores Yaiza Quian Darriba / Maire Ryan Pías tampouco lograron a clasificación para oitavos de final tras perder 6-3 6-2 ante Irene Basalo / Pyzhyanova.

Parabéns a todos os nosos xogadores

Comparte