Campionato de España CCAA de Tenis Praia 2023

Crónica:

Esta pasada fin de semana celebrouse na praia de Poniente (Benidorm) e nas instalacións do Colexio Internacional Lope de Vega o Campionato de España MAPFRE por Comunidades Autónomas.

Os integrantes da selección galega foron: Adrián García (capitán e xogador), Jorge Martínez, Juan Pablo Amador, José María Ogea, Mateo Carrera, Begoña Montenegro, Olalla Maroto, Eva Fantova, Carolina Hernández e Lydia García.

O primeiro enfrontamento dos galegos foi ante a Comunidade Valenciana (cabezas de serie 4) tras pasar a primeira volta por un "bye". Comezamos cos partidos das chicas, a parella número 2 formada por Lydia e Eva perdeu o encontro ante Bárbara Mingotes e Leticia Cervera por 6-4 6-3 e, a nosa parella número uno, Begoña e Olalla, perdeu 3-6 6 -7 contra Sara Celma e Alba Costa. Os nosos chicos daríannos as dúas vitorias para poder seguir pelexando o enfrontamento; Juan e Mateo (pareja 2) venceron a Jorge Solaz e Sergio Grimalt por 6-2 3-6 10-7 e a nosa parella 1 formada por Adrián e Jorge impúxose aos campións valencianos Daniel Vivanco e Ignacio Sancho por 7-6 6-4. Saíndo 2-2 dos partidos masculino e feminino, teriamos que xogar o dobres mixto para definir o empate, caendo ao final do lado do conxunto valenciano 6-4/6-2 nun partido moi disputado entre os irmáns García ante os valencianos Daniel e Leticia quedándose ás portas das semifinais.

A vindeira xornada pelexaríamos polos postos do 5º ao 8º ante Andalucía, unha vez máis serían os rapaces os que darían os 2 puntos para Galicia, gañando a parella número 2 formada por Juan e Jose por 6-2 4-6 10-8 ante Samuel Hernández e Javier García; a parella número 1, de novo formada por Adrián e Jorge, venceu aos andaluces Jorge Méndez e Pedro Sánchez por 6-3 6-2. Na quenda feminina, Olalla Maroto e Lydia García perderon contra Ariadna Fernández e María Gómez por 6-4 6-3 e Begoña e Carolina (parexa 1) enfrontáronse a Laura Jiménez e Natalia Pérez perdendo por 6-3 7-5 . Unha vez máis o empate decidiuse no dobre mixto, esta vez formado por Juan e Olalla, ante Jorge Méndez e Laura Jiménez, nun partido moi igualado disputado no supertie-break, caendo no lado andaluz cun punto de partido para Galicia ( 1-6 6-3 9-11).

Por último, só nos quedaría xogar contra Baleares, esta vez caendo do lado das galegas por 3-2, gañando os dous encontros femininos formados por Eva e Lydia (pareja 2) ante Emma Rodrigo e Mónika Valltmitiana por 6-4 6-7 10-7 e Begoña e Olalla vencendo por 6-0 6-1 ante Dana González e Nuria Pérez. O terceiro punto déronnos Adrián e Mateo ante Guillermo Valltmitiana e Alexander Mompó gañando por 6-2 6-3. A nosa parella masculina 2, Jorge e Juan, perdería ante Óscar Rodrigo e Gabriel Torres 6-2 7-6 e a mestura galega formada por Jose e Carolina perdería ante Sergi Bagur e Paula Torres por 6-4 6-7 8-10.

Finalmente os nosos galegos foron 7ª de España despois de perder as dúas primeiras eliminatorias dun xeito moi axustado.
Parabéns a todos os nosos xogadores!

Para rematar, agradecer a todos os organizadores que son membros do Colexio Internacional Lope de Vega, da RFET e da nosa federación (Federación Galega de Tenis) por seguir organizando e promocionando este marabilloso deporte.

Crónica de Adrián e Lydia García.

Comparte