O Real Club Tenis Coruña ascende á 2ª categoría do Campionato de España Absoluto por Equipos de Clubes 2022

Cara e cruz para as seleccións galegas que disputaron o Campionato de España Absoluto por Equipos de Clubes 2022 – 3ª Categoría.

O Real Club Tenis Coruña e o Sporting Club Casino Coruña disputaron esta fin de semana a fase de ascenso á 2ª división nacional do Campionato de España Absoluto por Equipos de Clubes.

O sábado 19 de novembro o Sporting Club Casino Coruña, dirixido por Juan Pardo, xogou en Platja d'Aro ante o conxunto local. O Casino Coruña aliñou a Juan Pardo, Hugo Suárez, Pedro Ecenarro, Eric Soriano e Adrián Sabrojo, e a pesar de levar un gran campionato na terceira categoría, non logrou o ascenso tras perder por 4-1 ante un bo conxunto local. O equipo estivo formado por máis xogadores que non puideron xogar na última eliminatoria: Miguel Crespo Rozados, Juan Amador Ruíz, León Ferrán Valverde e Ángel Montero Lage.

O domingo 20 de novembro o Real Club de Tenis Coruña xogou en Santander ante a Real Sociedade de Tenis La Magdalena. O conxunto dirixido por Iago Fernández-Reija Varela, acadou unha rotunda vitoria, 5-0 tras gañar todos os individuais. Neste caso, o equipo disputou partidos individuais con David Cao Pardal, Alejandro Vizoso Ansedes, Luis E. Fdez Labarta, Álvaro Fdez Horta e Noel Villarabide Varela, pero tamén formaron parte do equipo José Basanta, Alejandro Pardo e Jesús Bouza (que exerceu de capitán xogador en varias eliminatorias).

Resultados anteriores do Real Club de Tenis Coruña:

O Real Club de Tenis Coruña venceu ao Club de Tenis Norteleón no seu primeiro partido da fase de grupos, o resultado un rotundo 7-0.

Na segunda xornada celebrada o 18 de setembro enfrontáronse ao Club Deportivo Tenis Aranda logrando outra vitoria por 6-1.

Na terceira xornada e última da fase de grupos, celebrada o 2 de outubro, eliminaron ao Club Deportivo Terrassa Hóckey, cun resultado de 7-0 actuando como visitantes.

Nao cadro final, o 23 de outubro, venceron a RACE, cun resultado de 6-0, nos cuartos.

O Club de Tenis Sabadell acolleu a semifinal entre o Club de Tenis Sabadell e o Real Club de Tenis Coruña, con vitoria dos cataláns por 4-3.

Resultados anteriores do Sporting Club Casino Coruña:

O equipo do Sporting Club Casino Coruña, na fase de grupos, viaxou o pasado 4 de setembro a Murcia para enfrontarse á Academia de Tenis El Limonar, vencendo os galegos cun resultado de 2-5.

O seguinte encontro foi en A Coruña ante o CD Alba de Tormes conseguindo outra vitoria do equipo galego por 5-2.

O 23 de outubro gañaron por 5-2 ao CN Sant Andreu nos cuartos da fase final.

O 6 de novembro perdeu en semifinais ante o Club de Tenis Fadura, o resultado 3-4 para os vascos decidiuse nas pistas do Sporting Club Casino Coruña.

  • Sporting Club Casino Coruña

  • Real Club Tenis Coruña

  • Sporting Club Casino Coruña

  • Real Club Tenis Coruña

Comparte