Calendarios Campionatos Galegos por Equipos 2024: benxamín, alevín, infantil, júnior, absoluto, veteranas +35, veteranos +45, veteranas +50, veteranos +60 e veteranos +65

Publicamos os calendarios das fases de liga das seguintes competicións:

  • Benxamín masculino e feminino.
  • Alevín masculino e feminino.
  • Infantil masculino e feminino.
  • Junior masculino e feminino.
  • Absoluto masculino e feminino.
  • Veteranas + 35 feminino.
  • Veteranos +45 masculino.
  • Veteranas +50 feminino.
  • Veteranos +60 masculino.
  • Veteranos +65 masculino.
No seguinte enlace pódese consultar os regulamentos específicos de cada categoría:

Regulamentos específicos

Avisos importantes:
  1. É responsabilidade dos equipos ter os xogadores inscritos na aplicación coa licenza de alta para a tempada 2023-2024.
  2. En todas as categorías con sistema de competición 4-2, se un equipo gaña os dous dobres terá un punto extra.
  3. Nos sistemas de competición 5-2 concederase un punto extra se se gañan os dous dobres nas fases de Liga, pero nas eliminatorias este punto non se sumará.
  4. Lembrámosvos que as actas deben enviarse antes dos martes ás 12:00 horas. Recomendamos que cubrades as actas durante a celebración do encontro.
  5. Sistema da Copa Davis:
    1. Cando o equipo visitante non se presente a xogar, e o equipo local siga xogando, non contará ese encontro para a Copa Davis.
    2. Cando o equipo local non queira xogar, e o equipo visitante si, ese encuentro sí  computará no sistema Copa Davis.

Recomendamos cos equipos estuden o seu calendario en todaslas categorías. Unha vez analizado, cando se detecten encontros programados a mesma hora, solicitamos que envíen as modificacións do horario de xogo o antes posible para que todoslos equipos poidan organizarse con tempo.

O comité de competición.

Comparte