Calendarios Campionatos Galegos por Equipos 2022: Veteranos +55, Veteranas +40, Veteranos +35 e Cadetes 2022
Publícase o calendario das fases da liga das seguintes competicións:
- Campionato Galego por Equipos Cadete masculino.
- Campionato Galego por Equipos Cadete feminino.
- Campionato Galego por Equipos de Veteranos + 35 masculino.
- Campionato Galego por Equipos Veteranas + 40 feminino.
- Campionato Galego por Equipos Veteranos + 55 masculino.
- É responsabilidade dos equipos ter os xogadores inscritos na aplicación coa licenza de alta para a tempada 2022-2023.
- En todas as categorías con sistema de competición 4-2, se un equipo gaña os dous dobres terá un punto extra.
- Nos sistemas de competición 5-2 concederase un punto extra se se gañan os dous dobres nas fases de Liga, pero nas eliminatorias este punto non se sumará.
- Retómase a sanción por non enviar as actas en data, que lembramos que é o martes ás 12:00 horas. Por iso, solicitamos e recomendamos que as actas se cubran na aplicación durante o enfrontamento.
- Sistema da Copa Davis:
- Cando o equipo visitante non se presente a xogar, e o equipo local siga xogando, non contará ese encontro para a Copa Davis.
- Cando o equipo local non queira xogar, e o equipo visitante si, ese encuentro sí computará no sistema Copa Davis.
Recomendamos cos equipos estuden o seu calendario en todaslas categorías. Unha vez analizado, cando se detecten encontros programados a mesma hora, solicitamos que envíen as modificacións do horario de xogo o antes posible para que todoslos equipos poidan organizarse con tempo.
O comité de competición.