Calendario de competicións por equipos

Publicase o calendario das fases de liga das seguintes competición:

  • Campionato Galego por Equipos Benxamín masculino e feminino.
  • Campionato Galego por Equipos Alevín masculino e feminino.
  • Campionato Galego por equipos infantil masculino e feminino.
  • Campionato Galego por Equipos Júnior masculino e femenino.
  • Campionato Galego por Equipos Absoluto masculino e feminino.
  • Campionato Galego por Equipos Veteranas + 35 feminino.
  • Campionato Galego por Equipos de Veteranos + 45 masculino.
  • Campionato Galego por Equipos de Veteranos + 60 masculino.
No seguinte enlace pódese consultar os regulamentos específicos de cada categoría:

Regulamentos específicos

Importantes modificacións:
  1. Na categoría de Veteranos + 60 modifícase o sistema de xogo a 4 individuais + 2 parellas.
  2. Na categoría Benxamín, ofrécese a opción para que os clubs poidan organizar nunha mesma sede varios encontros ao mesmo tempo.
  3. Retómase a sanción por non enviar as actas na data acordada, que recordamos que é o Martes as 12:00.
  4. Sistema da Copa Davis:
    1. Cando o equipo visitante non se presente a xogar, e o equipo local siga xogando, non contará ese encontro para a Copa Davis.
    2. Cando o equipo local non queira xogar, e o equipo visitante si, ese encuentro sí  computará no sistema Copa Davis.
Recomendamos cos equipos estuden o seu calendario en todaslas categorías. Unha vez analizado, cando se detecten encontros programados a mesma hora, solicitamos que envíen as modificacións do horario de xogo o antes posible para que todoslos equipos poidan organizarse con tempo.
A longo da próxima semana actualizarase o ranking na aplicación. Os equipos deben revisar a orde dos xogadores que teñan o mesmo ranking para ordealos correctamente.
Un cordial saúdo.
O comité de competición.