Bos resultados para Martín De la Puente no Torneo Internacional Tram Barcelona Open

O xogador galego de tenis en cadeira, Martín De la Puente, logrou ser subcampión en dobres, xunto ao arxentino Gustavo Fernández e semifinalista individual do Torneo Internacional Tram Barcelona Open.

No formato individual, Martín venceu na segunda rolda a Patxi Fadrique cun resultado de 6-0 6-1. Despois superou a Tom Egberink (NED) por 6-3 e 6-4. O xaponés Shingo Kuneda, xogador número 2 do ranking mundial, eliminouno en semifinais.

Na modalidade de parellas, Martín participou xunto ao arxentino Gustavo Fernández. Eliminaron a parella francesa Geoffrey Jasiak / Guilhem Laget por 6-0 6-11 nos cuartos e venceron a Tom Egberink / Ruben Spaargaren dos Países Baixos por 6-4 e 6-3 nas semifinales.

Na final non lograron superar á parella formada polo belga Joachim Gerard e o británico Alfie Hewett, número 7 e 1 do ranking mundial.

¡Parabéns Martín!

Comparte