Xa están dispoñibles as fotos e os vídeos do Arquivo de Campións da Federación Galega de Tenis.
A Federación Galega de Tenis publica as fotografías e vídeos realizados durante as xornadas do Arquivo de Campións, un proxecto que reuniu os campións galegos das tempadas 2024 e 2025.
Agradecemos a participación de todos os xogadores e xogadoras que formaron parte desta iniciativa, destinada a preservar e poñer en valor a historia do tenis galego.
