Arquivo de Campións. Xornadas audiovisuais
A FGTenis reunirá os seus campións e campioas galegos/as nunhas xornadas de foto e vídeo en Vigo.
Os días 24 e 25 de xullo, o Círculo Mercantil de Vigo acollerá as sesións audiovisuais do “Arquivo de Campións” 2024 e 2025. Os convocados xa poden confirmar a súa asistencia e elixir quenda.
A Federación Galega de Tenis osganiza os próximos 24 e 25 de xullo unhas xornadas audiovisuaus para crear o “Arquivo de Campións”: un catálogo de fotos e vídeos de todos os campións e campioas galegos de 2024 e 2025, desde a categoría Benxamín ata Veteranos +75.
As sesións terán lugar no Círculo Mercantil de Vigo, con sesións de mañá (de 10:00 a 14:00) e de tarde (de 16:00 a 20:00) ambos os días. Cada xogador pasará por tres estacións: un set de fotografía tipo estudio, onde se farán os retratos oficiais, e dúas pistas de gravación de vídeo, onde se gravarán os golpes de dereita, revés e saque. Estas imaxes usaranse para crear un vídeo personalizado de 30 a 40 segundos de cada campión/oa, ademais das súas fotografías oficiais.
A xornada está planificada como unha reunión de xeracións do tenis gallego.
Confirmación de asistencia
Os campións e campioas convidados/as deben confirmar a súa asistencia e seleccionar o seu turno preferido a través do formulario habilitado pola Federación antes do luns 20 de xullo ás 23:59 horas.
Unha vez pechado o prazo de inscrición, a FGTenis notificará a cada participante a súa franxa horaria asignada. Os participantes deberán traer a súa propia raqueta e roupa de xogo; os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.
Todo o material formará parte do arquivo audiovisual da Federación e difundirase a través da súa páxina web e redes sociais.
Máis información: info@fgtenis.net

