Andrés Pereiro López proclámase campión do Máster Nacional Infantil 2022

Do 9 ao 11 de decembro, os mellores xogadores de España disputaron o Máster Nacional Infantil 2022 no Club de Tenis Real Zaragoza.

O xogador galego Andrés Pereiro López remata o ano 2022 proclamándose campión do Máster Nacional Infantil tras vencer en oitavos a Alejandro Pérez por 6-3 6-1, en cuartos a Juan Casas por 6-0 6-0, en semifinais a Enrique Carrascosa por 5-7 7-5 6-3 nun partido moi intenso que durou 4 horas e na final venceu a Yago Castellanos por 6-4 3-6 6-1 noutro partido moi intenso.

Parabéns Andrés por este merecido título.

Comparte