Andrés Pereiro campión do Barcelona Open Banc Sabadell – Trofeo Conde de Godó Sub-14

Gran éxito do lucense Andrés Pereiro López, gañador do Barcelona Open Banc Sabadell – Trofeo Conde de Godó Sub-14, celebrado do 16 ao 24 de abril no Real Club de Tenis Barcelona, ​​coincidindo coa celebración do torneo ATP 500.

Andrés comezou a súa participación neste torneo remontando un duro encontro ante Jose Ignacio Cuevas Sobejano, o resultado amosa a loita do galego 5-7 7-6(1) [10-5].

En semifinais eliminou a Alex Escofet Berge cun magnífico resultado de 6-3 6-2.

Na final Andrés tamén tivo que levantar un primeiro set en contra para vencer ao favorito do torneo Eudald Gonzalez Ollich por 2-6 6-4 [10-3].

¡Parabéns Andrés!

Comparte