Actualización de Calendarios Competicións por Equipos 2024

Infórmase a todos os equipos de que se actualizou o calendario de competicións, modificando, nalgúns casos, a data de finalización para que os clubs teñan tempo de disputar os seus partidos aprazados.

En determinados grupos, haberá equipos que, tendo todo xogado, poderán adiantar os seus partidos. Dende o comité de competición solicitamos que, se é posible, o fagan, enviando un correo electrónico a info@fgtenis.net informando da data.

A última xornada foi programada para a mesma fin de semana co obxectivo de que todos os equipos estean nas mesmas condicións*.

Recomendamos aos clubs que revisen este novo calendario de encontros, e se detectan algunha coincidencia ou problema, o comuniquen coa suficiente antelación, ou propoñan directamente unha data que non altere o criterio de que todo se debe estar xogado antes da última xornada.

*En determinados grupos das categorías xuvenís non coincide a última xornada, pero polas características desta competición entendemos que non supón ningún problema.

O comité de competición.

Comparte