Actualización de calendarios de competicións

Infórmase aos equipos de que xa están actualizados os cadros das competicións en curso, a falta de recibir algunha acta que deberá enviarse antes do martes ás 12:00 h.

Nas programacións dos encontros desta fin de semana programáronse coma sempre en base ao horario seleccionado do equipo local.

O sábado 18/12 pola tarde celébrase a Asemblea Xeral da Federación Galega de Tenis, polo que se algún membro da Asemblea que asista e esté convocado polo equipo no mesmo horario, poderá solicitar o aprazamento para disputalo o domingo 19.

Esta solicitude debe enviarse antes do mércores 15/12/2021. Se se concede o aprazamento e posteriormente ese membro da Asemblea non asiste por causas inxustificadas, o partido considerarase gañado polo outro equipo.

Comité de Competición

Federación Galega de Tenis

Comparte