Actualización aprazamentos equipos xuvenís

Infórmase a todos os equipos das categorías xuvenís que se actualizaron os aprazamentos pendentes para cumprir co calendario.

É imprescindible que se revisen as propostas de datas o máis axiña posible para que os clubes locais teñan a marxe necesaria para organizar todos os seus compromisos competitivos.

O equipo local poderá modificar os seus horarios como local dentro da mesma fin de semana sempre que envíe a solicitude antes do martes anterior ao día e non afecte a outras reunións programadas do outro equipo.

A partir do martes, os equipos deberán acordar o cambio horario para que sexa oficial, de non estar de acordo manterase a data inicial.

Comité de Competición

Federación Galega de Tenis

Comparte