Aberta a solicitude de becas de formación dixital a deportistas e profesionis do tenis

A RFET informa que xa está aberto o prazo de solicitude para a terceira edición das bolsas gratuítas de formación dixital para deportistas e outros profesionais do tenis que concede a RFET dentro do programa de Alto Rendemento Dixital da Asociación Deportiva Española (ADESP).

Cada unha valorada en 2.000 euros, estas bolsas están destinadas á formación en dixitalización, innovación e tecnoloxía para a comunidade deportiva.

O obxectivo é que deportistas, técnicos e outros profesionais vinculados ao ecosistema deportivo melloren as súas capacidades en dixitalización, innovación e tecnoloxía, así como as habilidades, a cultura e a estratexia de xestión de proxectos.

A inscrición estará aberta ata a primeira semana de maio cubrindo o formulario dispoñible no portal www.altorendimientodigital.es.

O programa formativo ofrece unha titulación da Universidade Rey Juan Carlos e conta con máis de 300 horas de contidos, integramente en liña, que se imparten a través dunha plataforma de e-Learning, cun alto grao de apoio de titores e mentores especializados.

Para máis información, pódese contactar co responsable do programa Carles Vicens (carles.vicens@rfet.es)

Comparte