Coordinación do Campionato Galego por Equipos e 1ª proba Galicia Head Tour.
Esta fin de semana (11/12-02/2022) comeza a fase final dos campionatos galegos infantil e júnior, incluídos no circuíto Galicia Head Tour, polo que aqueles equipos nos que un dos seus xogadores estea implicado en ambas competicións e necesites cambiar o día do xogo, deberá presentar a solicitude o antes posible, indicando o seguinte:
- Categoría.
- División
- Grupo.
- Modificación do horario do encontro da competición por equipos.
- Xogadores/as implicados/as.
O límite para enviar esta solicitude remata o xoves 9/02/2022 ás 12:00 horas.
Ao longo do día de hoxe, martes 7/02/2022, publicarase a orde de xogo do Galicia Head Tour.
Lembrámosvos os criterios de modificación de horarios que se publicaron para a coordinación do Galicia Head Tour e do Campionato Galego de Equipos:
As categorías masculina e feminina coordinaranse entre ambas competicións do seguinte xeito:
- O sábado xogaranse as categorías femininas do Galicia Head Tour.
- O domingo xogaranse as categorías masculinas do Galicia Head Tour.
- O domingo xogaranse as categorías femininas do Campionato por equipos.
- O sábado xogaranse as categorías masculinas do Campionato por equipos.
Comité de competición.