Convocatoria Tecnificación Provincial 22-23
A Tecnificación Provincial é o programa a través do cal a Federación Galega de Tenis ofrece adestramentos gratuítos aos xogadores e xogadoras que queiran progresar no tenis.
A tempada pasada foron 130 os nenos e nenas que se beneficiaron deste programa.
A tecnificación provincial está dirixida a xogadores desde benxamín a júnior e constará de dúas partes:
1º.- Período de adestramentos (de outubro a xaneiro):
Haberá 10 sesións de 90 minutos, que poden ser adestramento na pista ou charlas sobre diferentes temas (valores, regulamentos, psicoloxía, preparación física ...).
A cada xogador asignaráselle un grupo segundo a súa idade / nivel na zona máis próxima (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Vigo, Pontevedra, Ourense).
Para evitar desprazamentos, todos os adestramentos realizaranse nesa zona.
Clubs de adestramento: haberá rotacións entre os clubs anfitrións en cada zona.
2o.- Período competitivo (febreiro a setembro):
Os xogadores e xogadoras deberán participar como mínimo en 3 torneos do Circuíto Rexional Xuvenil Galicia Head Tour.
O calendario publicarase en xaneiro de 2023.
O circuíto consta de 5 torneos e os xogadores poderán seleccionar os 3 torneos que máis lles interesen en función da localización ou das datas.
Para acceder ao programa é necesario superar unhas probas de acceso e cumprir os seguintes requisitos:
- Benxamíns e alevíns: realizan 3 horas semanais de adestramento nos seus clubs.
- Infantís, cadetes e juniors: realizan 4 horas semanais de adestramento nos seus clubs.
- Ter licenza federativa e estar empadroado en Galicia.
Os requisitos competitivos para permanecer no programa son:
- Participar nun mínimo de 3 probas do Galicia Head Tour 2022.
PROBAS DE ACCESO E RENOVACIÓN:
ZONA | DATA |
A Coruña | Luns 26 de setembro |
Ferrol | Martes 27 de setembro |
Santiago | Mércores 28 de setembro |
Pontevedra | Xoves 29 de setembro |
Vigo | Venres 30 de setembro |
Lugo | Luns 3 de outubro |
Ourense | Martes 4 de outubro |
Podes inscribirte nas probas de acceso e renovación a través destes formularios:
A data límite de inscrición será o martes 20/09/2022.
Nota: no caso de que non se cumpra o número mínimo de inscritos para as probas de acceso nunha determinada área, poden unificarse dúas áreas.
O venres 23 de setembro enviarase un correo electrónico confirmando o lugar e a hora das probas a cada xogador inscrito.
Máis información sobre o programa de tecnificación provincial (PROGRAMA)
Coordinador: Carlos Coira. Correo electrónico: carloscoira@fgtenis.net Tlf: 667688432