54º Campionato de España de Tenis Veteranos/as Individual e Dobres

Publicamos os resultados dos xogadores e xogadoras gallegas no 54º Campionato de España de Tenis Veteranos/as, Individual e Dobres, celebrado do 23 ao 31 de maio de 2026 en Mallorca:

  • Luis J. Ordieres Canal coroouse campión do cadro de consolación +55, derrotando a Vicente Benavente na final por 7-6(5) 6-2. Tamén gañou o título de dobres +55 xunto a S. Gutiérrez Vicente, derrotando a Malfait / Royo Garcia na final cun marcador de 6-1 3-6 [10-7].
  • Antonio Cuña Movilla logrou o título de dobres +80 xunto a Orestes César Regal Fernández, completando unha brillante actuación.
  • Joaquín Silva González foi campión do +65 de consolación tras derrotar na final a E. Sevilla Hernández por 4-1 4-0.
  • Nilo Rubén Pérez Calo realizou unha gran actuación, chegando aos cuartos de final na categoría individual +70, onde perdeu contra o eventual campión, Mir Rodón. Nos dobres +70, facendo parella con Francisco Montoliu Tarancón, avanzou ás semifinais.
  • José Luis Padín Núñez caeu en oitavos de +70 precisamente ante Nilo Rubén Pérez Calo.
  • Ana María Canto Domínguez participou na categoría +55.
  • Jacobo Núñez Piñeiro participou na categoría +45.

Un resultado moi positivo para a representación galega, parabéns a todos.

Comparte