Resultados no 50º Campionato de España MAPFRE de Tenis Veteranos/as Individual

Rematado o Campionato de España MAPFRE de Tenis Veteranos/as Individual na Rafa Nadal Academy en Manacor, destacamos os resultados de:

Nilo Rubén Pérez Calo do Club Tenis Tobeira, no cadro +65 logrou ser subcampión; gañou a Víctor Román Molina 6-3 7-6 (4), a J. Liñan Medina 6-0 6-1, a F. Hernández Sanz 6-7 (6) 6-1 10-4 e en semis venceu a R. Martin -Sanz García 6-2 1-6 12-10. Na final caeu ante o favorito da proba F. Riba Farres, que en semifinais eliminou a outro galego José Luis Padín Núñez.

Gonzalo González González do Centro Deportivo D10 foi subcampión do +55. Na primeira rolda, eliminou ao cabeza de serie número 1 do cadro cun resultado de 4-6 6-2 6-1, despois eliminou a A. Landaluce Arias 6-2 6-0 e Javier Linares Corral en semifinais 6-3 7-6 (1). Na final non logrou vencer a B. Semprum Martínez, o resultado 5-7 6-3 6-1.

Teresa Castro Jorreto e Olga Fernández Castiñeira, ambas xogadoras do Club de Tenis Nigrán, quedaron subcampioas no dobre +50.

Jacobo Nuñez Piñeiro do Club de Tenis As Termas, facendo equipo coa catalá Aurora Font Muñoz, logrou ser subcampión da modalidade mixta dobre +35.

Na consolación, Serafín Afonso Baña do RSD Hípica foi subcampión +60 e Jose J. Fontán Torres do CCD Sanxenxo foi subcampión +70.

Estes foron todos os/as xogadores/as que participaron no campionato:

Veteranos +40

  • Xosé A. Añon Patiño – Real Club Tenis Coruña
  • Jacobo Nuñez Piñeiro – Club de Tenis As Termas

Veteranos +45

  • Gustavo Montero Lence – Escuela de Tenis Justo la Revés
  • Eduardo Serrano Narvaez – Real Club Tenis Coruña

Veteranos +50

  • Abel M. Rodríguez Rubio – Real Club Tenis Coruña
  • Ricardo Álvarez Pérez – Real Club Tenis Coruña
  • Pablo Vara Fiaño – Sociedade Deportiva O`Salgueiro
  • Manuel Agis Vidal – CCD Sanxenxo
  • Juan Martínez Mateos – AD Breaking Tennis

Veteranas +50

  • Olga Fernandez Castiñeira – Club de Tenis Nigrán

Veteranos +55

  • Gonzalo González González – Centro Deportivo D10
  • Jorge Pablos Benavides – Club de Tenis Redes
  • Gustavo Alvarez Gambini – Club de Tenis A Pedralba
  • Alfonso Chico Carballas – Real Club de Tenis Coruña
  • Jose L. Chan Salgueiro – CCD Sanxenxo
  • Julio De Cabo Gonzalez – C. Mercantil Industrial de Pontevedra
  • Jose M. Garcia Fariña – CCD Sanxenxo

Veteranas +55

  • Teresa Castro Jorreto – Club de Tenis Nigrán

Veteranos +60

  • Fernando Marino Arangunde – Real Club de Tenis Coruña
  • Marcelino Villar Gantes – Real Club de Tenis Coruña
  • Manuel Fijo González – Real Club de Tenis Coruña
  • Serafin Afonso Baña – RSD Hípica
  • Antonio Vara Fiaño – Sociedade Deportiva O`Salgueiro

Veteranos +65

  • Gonzalo Casal Iglesias – Club de Tenis A Pedralba
  • José Mosquera Casero – C. Deportivo Dereito Empresariais
  • José Luis Padín Núñez – CCD Sanxenxo
  • José Luis Hernández Lauret – Real Club de Tenis Coruña
  • Nilo R. Pérez Calo – Club de Tenis A Tobeira
  • Jose M. Quintela Sanchez – Club de Tenis A Pedralba
  • Jesús Botas Piñón – Club de Tenis Redes

Veteranos +70

  • José J. Fontan Torres – CCD Sanxenxo
  • José Deus Brage - Club de Tenis Redes
  • Fernando Leiro López – CCD Sanxenxo
  • Pablo Gonzalez Tenorio – Club de Campo de Vigo

Veteranos +75

  • Ángel Balboa Abilleira – CCD Sanxenxo
  • Antonio Cuña Movilla – CCD Sanxenxo
  • Juan J. Patiño Fernández – RSD Hípica

Parabéns a todos/as os/as participantes.

Comparte