2ª Proba Galicia Head Tour 2022

CRÓNICA SEGUNDA PROBA GHT

Entre o 11 de marzo e o 3 de abril celebrouse en Ferrol a segunda proba do Galicia Head Tour, tendo como sedes o Círculo Mercantil e Industrial Club de Campo de Ferrol e ao Casino Ferrolano Tenis Club

O torneo comezou coas categorías infantil e júnior e posteriormente disputáronse os Campionatos Galegos Alevín e Cadete. Na última fin de semana tamén se disputou o Torneo Head de categoría Benxamín.

En total, disputáronse 24 cadros e o torneo rexistrou 380 inscricións, superando o número de inscricións da segunda proba do circuíto 2019, demostrando a "boa saúde" que ten o tenis galego.

Como equipo arbitral asistiron: Carlos Coira como árbitro, Marco A. Casal e Gabriel Fernández como árbitros adxuntos, Juan Martínez, Manuel Martínez, Higinio Rivas e Diego Vilar como árbitros itinerantes e Jesús Vázquez, Óscar Souto, Juan Martínez e Manuel Martínez como xuíces de cadeira.

Nas diferentes entregas de trofeos estiveron presentes: D. José Mosquera, presidente da Federación Galega de Tenis, Gabriel Fernández, vicepresidente e Paula García, vogal da Federación Galega de Tenis; Elena Horjales, presidenta do Club de Campo de Ferrol e, en representación do Casino Ferrolano Tenis Club, Alberto Vázquez, presidente, María José López, vicepresidenta e María Sicre, xefa de deportes.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN:

Mateo Valares do Fluvial de Lugo e Ana Victoria Mella do Club Tenis Coruña foron os campións galegos na categoría alevín individual, sendo os finalistas Pablo Somoza e Irene García, ambos tamén do Club Tenis Coruña.

Estes 4 xogadores conseguen a praza para o Campionato de España Alevín, que se celebrará no Club de Tenis Almería do 20 ao 26 de xuño. Estarán acompañados por Yago Díaz do Mercantil de Vigo, Leo Sánchez, do Casino Coruña, Yaiza Quián, do Tenis Coruña e Maire Grace Ryan, do Club Family Los Tilos.

Queda aínda unha praza por decidir na categoría masculina e outra na feminina, que en breve serán determinadas polo comité técnico.

As parellas formadas por Mateo Valares e Pablo Somoza en categoría masculina e Ana Victoria Mella e Irene García en categoría feminina tamén lograron un posto no cadro de dobres do campionato de España, ao ser campións galegos tras vencer na final a Mateo Pereiro/Mario Ferradás e Blanca Talín / Lucía Couso respectivamente.

En dobres mixtos, os vencedores foron Aarón Pita e Adriana Beceiro, da Escola de Tenis Justo al Revés, que superaron aos xogadores do Club de Campo de Ferrol Martín Rivas e Carmen Barros.

CAMPIONATO GALEGO CADETE:

Ana Nóvoa e Izan Díaz, ambos xogadores do Ureca, proclamáronse campiones galegos en categoría cadete, sendo os finalistas Emma Baliña, do Club de Tenis El Rial, e Hugo Álvarez de Ureca.

Ana e Izan conseguen praza para o Campionato de España Cadete, que se celebrará no Club Tennis d'Aro de Platja d'Aro (Xirona) do 20 ao 26 de xuño.

En dobres masculino, Izan Díaz (Ureca) e Álex Pardo (Tenis Coruña) superaron na final a Yeray Quián (Tenis Coruña) e Alejandro Reboredo (Náutico de Vigo); En dobres feminino, as xogadoras do Tenis Coruña Carlota Cota e Blanca Trillo superaron a Candela Fajardo (El Rial) e Clara Arambillet (Casino Coruña).

Carlota Cota (Tenis Coruña) e Álvaro Miranda (Club Campo Ferrol) venceron a Blanca Trillo (Tenis Coruña) e Pablo López (RC da Estrada) para conseguir o título de campións galegos de dobres mixtos.

PROBAS GALICIA HEAD TOUR

No cadro infantil masculino de primeira división, Raúl Carreto, do Club Tenis Tui, gañou o torneo tras vencer na final a Enzo Cota, do Club Tenis Coruña. En segunda e terceira división os campións foron Sergio Domínguez, do Casino Coruña e Alejandro Sande, da Escola de Tenis Justo al Revés.

Na categoría infantil feminina, Emma Baliña, do Rial, venceu na final a Noa Pena, do Club Tenis Coruña. Paula García, do Club Tenis Tui foi a gañadora en segunda división.

Na categoría junior, Alejandro Vizoso, do Club Tenis Coruña, proclamouse vencedor ao vencer ao xogador do Club Tenis El Rial, Carlos Tubío. En segunda, venceu Juan Souto, do Casino Coruña.

No junior feminino Clara Arambillet, do Casino Coruña, venceu na final a Ana Nóvoa, de Ureca.

TORNEO HEAD BENXAMÍN     

Despois da fase de grupos, houbo tres divisións en categoría masculina e unha división en categoría feminina. En primeira división, a xogadora Lucía Pena, do Casino Coruña, saíu vencedora tras vencer na final ao Icía Ártico do Justo al Revés. En categoría masculina, outro xogador do Casino Coruña, Alejandro Parada, superou a Diego Ferradás, do Fluvial de Lugo. En segunda e terceira impuxéronse, respectivamente, Jon Alcorta (Justo al Revés) e Pablo Querentes (Casino Coruña).

A Federación Galega de Tenis agradece a colaboración dos clubs sede, do equipo arbitral e felicita a todos os/as xogadores/as polo torneo realizado.

Xa está aberto o prazo de inscrición para a terceira proba do Galicia Head Tour, que se celebrará do 22 de abril ao 17 de maio no Club de Tenis El Rial e no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.

Importante:

Non esquezas que para que poidamos publicar as túas fotos no noso sitio web e nas redes sociais, debes enviarnos o documento de “autorización de uso de fotografías” correctamente cuberto:

Podes enviarnos por correo electrónico a info@fgtenis.net ou por whatsapp ao número 667688431.

Lista de campións, campioas, subcampións e subcampioas:

Campionato Galego Alevín:

  • Campión Galego Alevín 2022- Mateo Valares Otero
  • Subcampión Galego Alevín 2022- Pablo Somoza Remeseiro
  • Campioa Galega Alevín 2022- Ana Victoria Mella Garcia
  • Subcampioa Galega Alevín 2022- Irene García Enciso
  • Campións Galegos Alevíns Dobres 2022- Pablo Somoza Remeseiro / Mateo Valares Otero
  • Subcampións Galegos Alevíns Dobres 2022- Mateo Pereiro Pacio / Mario Ferradas Pérez
  • Campioas Galegas Alevíns Dobres 2022- Ana Victoria Mella García / Irene García Enciso
  • Subcampioas Galegas Alevíns Dobres 2022- Lucía Couso Fernández / Blanca Talin Maíz
  • Campión e Campioa Galego/a Alevíns Dobres Mixto 2022- Aaron Pita Rey Adriana Beceiro López
  • Subcampión e Subcampioa Galego/a Alevíns Dobres Mixto 2022- Martín Rivas Montero / Carmen Barros Sedes

Campionato Galego Cadete:

  • Campión Galego Cadete 2022- Izan Díaz Estévez
  • Subcampión Galego Cadete 2022- Hugo Álvarez González
  • Campioa Galega Cadete 2022- Ana Novoa Sánchez
  • Subcampioa Galega Cadete 2022- Emma Baliña Rodríguez
  • Campións Galegos Cadetes Dobres 2022- Alejandro Pardo Moro / Izan Díaz Estévez
  • Subcampións Galegos Cadetes Dobres 2022- Yeray Quian Darriba / Alejandro Reboredo Orge
  • Campioas Galegas Cadetes Dobles 2022- Blanca Trillo Pita / Carlota Cota Vavrinova
  • Subcampioas Galegas Cadetes Dobles 2022- Candela Fajardo Aranda / Clara Arambillet Martínez
  • Campión e Campioa Galegos Cadete Dobres Mixtos 2022- Álvaro Miranda Arroyo / Carlota Cota Vavrinova
  • Subcampión e Subcampioa Galegos Cadete Dobres Mixtos 2022- Pablo López Sánchez / Blanca Trillo Pita

Proba infantil:

  • Campión Infantil Primeira GHT 2ª Proba 2022 - Raul Carreto Martínez
  • Subcampión Infantil Primeira GHT 2ª Proba 2022- Enzo Cota Vavrina
  • Campión Infantil Segunda GHT 2ª Proba 2022- Sergio Domínguez Estévez
  • Subcampión Infantil Segunda GHT 2ª Proba 2022- Marcos Grandal Riesco
  • Campión Infantil Terceira GHT 2ª Proba 2022- Alejandro Sande Carabel
  • Subcampión Infantil Terceiro GHT 2ª Proba 2022- Teo Vázquez Soto
  • Campioa Infantil Primeira GHT 2ª Proba 2022- Emma Baliña Rodríguez
  • Subcampioa Infantil Primeira GHT 2ª Proba 2022- Noa Pena Paz
  • Campiona Infantil Segunda GHT 2ª Proba 2022- Paula García Rodríguez
  • Subcampión Infantil Segunda GHT 2ª Proba 2022- Laura Victoria Bellorin

Proba Junior:

  • Campión Junior Primeira GHT 2ª Proba 2022- Alejandro Vizoso Ansedes
  • Subcampión Junior Primeira GHT 2ª Proba 2022- Carlos Tubio Martín
  • Campión Junior Segunda GHT 2ª Proba 2022- Juan Souto Paradela
  • Subcampión Júnior Segunda GHT 2ª Proba 2022- Damián Franco Iglesias
  • Campioa Junior Primeira GHT 2ª Proba 2022- Clara Aramillet Martínez
  • Subcampioa Junior Primeira GHT 2ª Proba 2022- Ana Novoa Sánchez

Torneo Benxamín:

  • Campión Torneo Benxamín Primeira- Alejandro Parada Vigo
  • Subcampión Torneo Benxamín Primeira- Diego Ferradas Pérez
  • Campión Torneo Benxamín Segunda- Jon Alcorta Fernández
  • Subcampión Torneo Benxamín Segunda- Juan Antonio Miguens
  • Campión Torneo Benxamín Terceira- Pablo Querentes Barral
  • Subcampión Torneo Benxamín Terceira- Gonzalo Reboyras Ochoa
  • Campión Torneo Benxamín Primeira- Lucia Pena Domínguez
  • Subcampión Torneo Benxamín Primeira – Icía Ártico López

Fotos Campionato Galego Alevín:

Fotos da proba infantil:

Fotos Proba Junior:

Fotos Campionato Galego Cadete:

Fotos Proba Benxamín:

Árbitros:

Comparte