21º Torneo Internacional Júnior de Sanxenxo

O madrileño pecha unha tempada brillante sumando a este éxito o campionato de España en categoría xuvenil.

Rafael Jódar cumpre o pronóstico e proclámase campión do 21º ITF World Tennis Tour Junior Sanxenxo.

A alacantina perdeu o seu duelo ante a Kovackova, que selou a final nun partido rápido e claro da checa.

Domingo, 22 de outubro de 2023.- O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo baixou o telón da XXI edición do ITF World Tennis Tour Junior – Fuente Liviana, que organizou de forma brillante dende o pasado domingo 21 de outubro.

Polas súas instalacións pasaron 164 xogadores e xogadoras, considerados os mellores do mundo na sua condición de xuvenís. Non en balde, en España só hai dous torneos como o da Cultural, sendo o de Sanxenxo, un deles.

O madrileño Rafael Jódar cumpriu todas as previsións na súa condición de favorito e proclamouse campión desta 21 edición do ITF World Tennis Tour Junior Sanxenxo tras vencer, nun apaixonado e intenso partido, ao polaco Tomasz Berkieta por 6-4 e 6-4.

"Ha sido una semana complicada por la meteorología, pero el Círculo Cultural Sanxenxo ha resuelto con mucha eficacia todos los problemas que se nos iban planteando", dixo Jódar. "Quiero felicitar a la organización y, especialmente, a los jueces, que han hecho un gran trabajo. Me siento satisfecho de mi paso por Sanxenxo y agradezco todo el apoyo del público, que me han hecho sentir muy cómodo, como si jugase en casa ”, concluíu dicindo o madrileño.

Na final feminina, que enfrontou a alacantina Charo Esquiva (número 20 no ránking mundial) contra Alena Kovackova (19 do Mundo), o encontro inclinouse claramente pola xogadora da República Checa, nun partido rápido que se resolveu en dous. sets de 6-2 e 6-3.

Nesta última xornada acudiron ás finais o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa; a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias; o concelleiro de deportes de Sanxenxo, Marcos Guisasola; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides; e o presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera, que estiveron acompañados en todo momento polo presidente de La Cultural, Paco Hernández.

O 21º ITF World Tennis Tour Junior Sanxenxo – Fuente Liviana está organizado polo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Sanxenxo e InterRías, entre outros.

Servizo de Prensa e Comunicación CCD Sanxenxo

Comparte