I Campionato Galego de Touchtennis

A fin de semana do 5 e 6 de decembro de 2021 celebrouse no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo o I Campionato Galego de Touchtennis.

A experiencia da posta en marcha dunha nova modalidade é apaixonante, sobre todo pola acollida que tivo entre os participantes.

O domingo 5 de decembro de 2021 disputouse a categoría feminina absoluta e o luns 6 de decembro de 2021 a categoría masculina.

Queremos felicitar a todos os xogadores pola súa actitude e compromiso con algo totalmente novo e recoñecer aos gañadores desta primeira edición xa que pasarán á historia como os primeiros campións galegos desta modalidade.

Cadro de honra:

  • Campioa Absoluta: Susana Varela
  • Finalista Absoluta: Conchita Villaceros.
  • Campión Absoluto: Alexandre Barreiros
  • Finalista Absoluto: Leslie Corea.

Por último, agradecer ao Círculo Mercantil e Industrial de Vigo a súa colaboración na posta en marcha de Touchtennis e a Oscar Viñas (Vicepresidente) a súa presenza na entrega de premios aos campións.

Nota: publicaremos máis fotos a medida que cheguen as autorizacións dos xogadores.

Comparte