1ª Proba ZCEBRA LINTEL TOUR 2026
A Federación Galega de Tenis pon en marcha o ZCEBRA LINTEL TOUR 2026, un novo circuíto de Pickleball que comezará o 14 e o 15 de marzo en A Coruña.
A primeira proba celebrarase nas instalacións do INEF Galicia (Pavillóns 1 e 2), consolidando a cidade como un dos puntos de referencia para o crecemento do Pickleball en Galicia.
Un fin de semana cheo de competición
A competición desenvolverase durante duas xornadas:
Sábado 14 de marzo: categorías absolutas
- Individual masculino e feminino (a partir das 10:00 h)
- Dobres masculinos e femininos (non antes das 15:00 h)
- Dobres mixtos (non antes das 17:00 h)
Domingo, 15 de marzo – +50 e Sub14
- Individual masculino e feminino +50
- Individual Sub14 unisex
- Dobres masculinos, femininos e mixtos +50
- Dobres Sub14 unisex
(Todas as categorías dende as 10:00 h)
O sistema de xogo adaptarase ao regulamento oficial do circuíto e ás regras de Pickleball, dependendo do número de inscritos.
Inscricións abertas ata o 9 de marzo
As inscricións deben facerse a través da plataforma Ibertenis (www.
- Prezo: 16 € por categoría.
- É imprescindible ter licenza federativa en vigor da Federación Galega de Tenis.
- Os xogadores que soliciten a súa licenza por primeira vez estarán exentos do pago en dúas categorías desta competición.
A organización proporcionará palas aos participantes que non teñan, reforzando o carácter aberto e promocional do circuíto.
Bola oficial e premios
A bola oficial será a Madness 40 de Zcebra, garantindo as mellores condicións de xogo.
Todos os participantes recibirán un welcome pack, servizo de café e froita durante a competición, e haberá medallas para os campións, finalistas e terceiros clasificados.
Con este primeiro evento en A Coruña, nace o ZCEBRA LINTEL TOUR 2026 co obxectivo de impulsar definitivamente o Pickleball en Galicia, ofrecendo competición para todas as idades e niveis.


