1ª Proba Circuíto Benxamín FGTenis 2026

A Federación Galega de Tenis organizou esta fin de semana nas instalacións do Club de Campo de Vigo a primeira proba do Circuíto Benxamín, que reuniu a novas promesas do tenis de toda Galicia.

Un total de 41 participantes, 27 nenos e 14 nenas, desfrutaron dunhas intensas xornadas deportivas nas que se xogaron 75 partidos, o que reflicte o alto nivel de participación e entusiasmo.

O formato de competición, cunha fase de grupos e diferentes divisións posteriores, garante que nenos e nenas xoguen varios partidos, promovendo os aspectos educativos e sociais, obxectivos clave neste circuíto.

Máis alá da competición, o torneo destacou polo excelente ambiente entre os xogadores, con compañerismo, respecto e moitas ganas de aprender e divertirse na pista.

O bo tempo mantívose durante toda a xornada, permitindo que tanto os xogadores como as súas familias gozasen plenamente dunha experiencia deportiva moi positiva nas magníficas instalacións do Club de Campo de Vigo.

En definitiva, un evento que volveu poñer en valor o traballo de base do tenis galego e deixou unha gran impresión tanto dentro como fóra da pista.

Lista de gañadores:

Primeira División Feminina:

  • Campioa: Sabela García Rodríguez
  • Finalista: Catalina Izquierdo Mejuto

Primeira División Masculina:

  • Campión: Nicolás López Salgado
  • Finalista: Gabriel Santiso Pérez

Segunda División Feminina:

  • Campioa: Mia Sabela Ryan Pías
  • Finalista: Michelle Pérez Puertas

Segunda División Masculina:

  • Campión: Héctor Andrés Torres Nuijen
  • Finalista: David Mateo Martín García

Terceira división masculina:

  • Campión: Leo Buján Fraga
  • Finalista: Xoán Arosa García Polo

Importante: Para publicar as fotos necesitamos a vosa autorización. Se aínda non a enviaches podes descargala aquí e enviala a info@fgtenis.net

Comparte