1ª Proba do Circuíto Galicia Head Tour (alevín e cadete) e Campionato Galego Infantil e Junior

A primeira proba do Galicia Head Tour 2026 celebrouse nunha sede compartida entre o Club de Tenis As Termas, o Centro Deportivo D10 e o Club Fluvial de Lugo.

Hai que dicir que foi un torneo con moitas dificultades debido á continua choiva, temporais de vento, neve, alertas, etc., que nos afectaron durante os catro fins de semana do torneo, ata o punto de que non se puideron xogar partidos no Club Fluvial de Lugo e todo tivo que xogarse nas pistas cubertas de AS Termas e D10.

A Federación Galega de Tenis quere agradecer aos 3 clubs a súa implicación e colaboración, facendo o esforzo de cancelar as clases, os equipos, socios, usuarios para que se puidesen xogar os partidos do Head, así como o esforzo dos xogadores e as familias por viaxar para xogar o torneo.

O CD D10 acolleu o Head Cadete e o Campionato Galego Júnior, mentres que o Club de Tenis As Termas acolleu o Head Alevín e o Galego Infantil.

Na entrega de trofeos estiveron presentes D. José Mosquera, presidente da Federación Galega de Tenis, Marco Casal, director deportivo da FGTenis, Carlos Coira, coordinador do Circuito Galicia Head Tour, José Andrés Pereiro, director deportivo do Club de Tenis As Termas, así como membros do equipo arbitral, como Juan Martínez.

Esta primeira proba coroou como campions galegos individuais a Andrés Pereiro, do que nos alegramos de que volva as pistas tras unha complicada lesión, e a Noa Pena na categoría júnior; na infantil, os campións foron Hugo Nogueira e Catalina Lariño.

Na modalidade de dobres infantil, gañaron Hugo Nogueira e Daniel Costa, mentres que Catalina Lariño e Iria Barreiro levaron o título feminino. Nos dobres mixtos, a parella gañadora foi Hugo Nogueira e Ariadna Pazos. Na categoría júnior, Pedro Antón e Ramón Talín foron os campións galegos en dobres masculinos.

Nas primeiras divisións de alevín, Mateo Freijeiro e Elena Escribano resultaron vitoriosos, mentres que na cadete gañaron Mateo Valares e Blanca Talín.

Ademais dos títulos de campións de Galicia, tamén estaban en xogo as prazas dos xogadores e xogadoras que nos representarán nos Campionatos de España Infantil e Júnior de 2026:

Campionato de España Infantil:

  • Data: Do 6 ao 12 de xullo.
  • Lugar: Cidade Deportiva Torrevieja (Alicante)
  • Clasificados individuais: Hugo Nogueira, Hugo Luque, Daniel Costa, Santiago Moreira, Catalina Lariño, Ariadna Pazos e Iria Barreiro.
  • Clasificados dobres: Hugo Nogueira / Daniel Costa e Catalina Lariño / Iria Barreiro

Campionato de España Júnior:

  • Data: Do 10 ao 16 de agosto.
  • Lugar: Club de Tenis Reus Monterols, (Tarragona)
  • Clasificados: Andrés Pereiro e Noa Pena
  • (Outros xogadores poderán clasificar por ranking nacional)

Lista de campións:

Campionato Galego Infantil:

Campión Galego Infantil Masculino Hugo Nogueira Rodríguez
Subcampión Galego Infantil Masculino Hugo Luque González
Campioa Galega Infantil Feminino Catalina Lariño Vidal
Subcampioa Galega Infantil Feminino Ariadna Pazos Crespo
Campións Galegos Infantís Masculinos Dobres Hugo Nogueira Rodríguez / Daniel Costa Sestelo
Subcampións Galegos Infantís Masculinos Dobres Alejandro Parada Vigo / Lucas Casanova Gurpide
Campioas Galegas Infantís Femininos Dobres Catalina Lariño Vidal / Iria Barreiro Navarro
Subcampioas Galegas Infantís Femininos Dobres Ariadna Pazos Crespo / Lucía Pena Domínguez
Campións Galegos Infantís Dobres Mixtos Ariadna Pazos Crespo / Hugo Nogueira Rodríguez
Subcampións Galegos Infantís Dobres Mixtos Carla Viñas Fontán / Hugo Luque González

Campionato Galego Junior

Campión Galego Junior Masculino Andrés Pereiro López
Subcampión Galego Junior Masculino Jorge Álvarez Mosteiro
Campioa Galega Júnior Feminino Noa Pena Paz
Subcampioa Galega Júnior Feminino Máire Grace Ryan Pías
Campións Galegos Junior Masculinos Dobres Pedro Antón Ruibal / Ramón Talín Maíz
Subcampións Galegos Junior Masculino Dobres Martín Rodríguez Figueiredo / Jacobo Gómez Pato

1ª Proba Galicia Head Tour Alevín

Campión Alevín Masculino 1ª Mateo Freijeiro Pedreira
Subcampión Alevín Masculino 1ª Pablo Modroño Rodríguez
Campión Alevín Masculino 2ª Jose Luis Lleo Daubian
Subcampión Alevín Masculino 2ª Teo Ramírez Pedreira
Campión Alevín Masculino 3ª Mario Badal Allegue
Subcampión Alevín Masculino 3ª Lucas Fernández Marta
Campión Alevín Masculino 3ªB Eloy Sanjurjo Vázquez
Subcampión Alevín Masculino 3ªB Lucas Corral Prieto
Campioa Alevín Feminino 1ª Elena Escribano González
Subcampioa Alevín Feminino 1ª Karolina López Stoudova
Campioa Alevín Feminino 2ª Alejandra Murado Pelaez
Subcampioa Alevín Feminino 2ª Carla Torres López

1ª Proba Galicia Head Tour Cadete

Campión Cadete Masculino 1ª Mateo Valares Otero
Subcampión Cadete Masculino 1ª Pablo Somoza Remeseiro
Campión Cadete Masculino 2ª Mateo Pereiro Pacio
Subcampión Cadete Masculino 2ª Sergio Virel Coladas
Campión Cadete Masculino 3ª Yago Lozano Mellid
Subcampión Cadete Masculino 3ª Pablo Veiga Arcas
Campioa Cadete Feminino 1ª Blanca Talín Maíz
Subcampioa Cadete Feminino 1ª Laura López González
Campioa Cadete Feminino 2ª Claudia Real Castro
Subcampioa Cadete Feminino 2ª Claudia Pérez Vigo

Importante: Para publicar as fotos necesitamos a vosa autorización. Se aínda non a enviaches podes descargala aquí e enviala a info@fgtenis.net

Fotos Campionato Galego Infantil e Júnior

Fotos 1ª Proba do Galicia Head Tour (alevín e cadete)

A tempada 2025 foi unha gran tempada para o tenis galego, xa que se produciu un aumento significativo tanto no número de clubs/equipos que participaron na competición por equipos, como nas inscricións recibidas nas probas do Circuíto Galicia Head Tour.

Esta situación, positiva nun aspecto, provocou que o calendario 2025 experimentase unha saturación competitiva, principalmente na primeira metade do ano, o que, agravado polas inclemencias meteorolóxicas, dificultou a coordinación de ambas competicións, obrigando a un importante esforzo organizativo tanto a nivel federativo como de clubs, xogadores e familias.

Por iso, a Federación Galega de Tenis mantivo varias reunións con clubs nas que se expuxeron propostas e recibiron alternativas para realizar modificacións de calendario co obxectivo de solucionar, na medida do posible, este problema de cara á tempada 2026.

Como resultado destas reunións, xeráronse varias propostas que foron aprobadas pola asemblea da FGTenis o pasado mes de decembro, polo que o calendario competitivo para a tempada 2026 terá unha serie de variacións:

  1. Nos dous primeiros torneos do Galicia Head Tour, realízanse modificacións para que, dos 4 fins de semana que dura cada torneo, só coincida con competición por equipos nun deles.
  2. Cancélase unha proba do Galicia Head Tour, a que se celebraba en maio/xuño, liberando estas datas para poder competir por equipos.
  3. Para compensar a perda desta proba, engádense 2 Torneos Open Satélites, que se celebrarán no verán (cando non hai competición por equipos).
    • Estes torneos serán organizados polos clubs (poden ser torneos novos ou torneos que se celebraron en anos anteriores).
    • Publicaranse os pliegos e condicións para que os clubs poidan solicitar a organización destes Open Satélites.
    • Nestes dous torneos, outorgaranse puntos Head, e un deles contará como participación para o Máster.
  4. Así, en 2026 o circuíto constará de:
    • 1 Campionato Galego por categoría.
    • 3 Probas Open Head.
    • 2 Probas Open Satélites.
Cremos que, con esta serie de medidas, mellorarase a coordinación da competición por equipos co Circuíto Head, con isto, facilitarase o traballo que levan a cabo os clubs, favorecerase a conciliación familiar e non será necesario limitar ningunha das dúas competicións, mantendo a esencia de promover a participación a todos os niveis, como vén sendo a filosofía desta federación.
Comparte