15º Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo 2023

Komada derrota á súa homóloga xaponesa Wakana nunha intensa final definida no terceiro set do Internacional Cadete. Os portugueses Duarte e Da Rosa Castro protagonizaron a outra gran final co duelo a favor do primeiro.

Sábado, 11 de novembro de 2023.- Pódese cualificar de intensa e igualada a final feminina do Torneo Internacional Cadete que, ata este sábado, organiza dende hai unha semana o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.

Co duelo xaponés na pista principal de terra batida de La Cultural, as xaponesas Yui Komada e Ran Wakana loitaron nun longo partido de tres sets, moi igualado en forza e calidade técnica, sobre todo en canto Wakana entrou no xogo, con restos convincentes de levantaban os aplausos do público asistente á final, pero perdendo a concentración no último tramo onde Komada foi algo máis superior, para rematar cun 6-0, 4-6 e 7-5.

A final masculina disputouse ás catro da tarde, con protagonismo portugués, sendo os finalistas os portugueses Rodrigo Duarte e Gonçalo da Rosa Castro, que tiveron que facer un descanso no terceiro set para que puideran secar a pista e renovar parte da terra batida, empapada polos intensos chuvascos que penetraron na pista este sábado pola tarde. O partido, disputado tamén en tres sets, decidiuse a favor de Duarte, que venceu a Castro por 6-3, 1-6 e 6-2.

"La valoración en el aspecto deportivo de La Cultural, tanto en tenis como en pádel, es muy positiva, porque hemos dado un paso decisivo hacia el profesionalismo ", declarou Francisco Hernández, presidente da entidade. "Se han logrado disputar torneos muy interesantes, tanto a nivel senior, junior y este que hoy finalizamos de cadete, y que con el Futures 25.000$ que nos concedieron, es haber marcado una línea muy importante para que el nombre de Sanxenxo se conozca en todo el mundo a través del tenis ”, dixo Hernández.

"Todo ello ha sido posible gracias al patrocinio de las instituciones y de las empresas privadas, que consideran que la inversión que realizan en estos torneos es rentable de cara a la promoción del turismo y del deporte, al fin y al cabo, de la economía y de la vida saludable ”, concluíu dicindo o presidente.

A entrega de premios contou coa presenza do presidente e vicepresidente de La Cultural, Francisco Hernández e Nelia Embade, respectivamente, pechando unha gran tempada coa culminación do Internacional Cadete, que contou co patrocinio de Fuente Liviana, a Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Sanxenxo, coa colaboración das Federacións Real Española e Galega de Tenis, InterRías, Coca Cola, BonPollo, A Rosaleira, Hotel Turimar, StarVie e Verdasco Taracido, entre outros.

Venres, 10 de novembro de 2023.- Última xornada a deste sábado no XV Torneo Internacional de Tenis Cadete, organizado polo Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, co patrocinio de Fuente Liviana, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Sanxenxo, contando co colaboración das Federacións Real Española e Galega de Tenis, InterRías, Coca Cola, BonPollo, A Rosaleira, Hotel Turimar, StarVie e Verdasco Taracido, entre outros.

Xa está todo preparado para as finais individuais, nas que non haberá representación española e na que xogarán rapaces portugueses e xaponesas, xa que os hispanos perden os seus respectivos duelos en semifinais. Deste xeito, o portugués Rodrigo Duarte gañou o seu billete ao derrotar nun intenso duelo ao valenciano Gonzalo Vedri por 2-6, 7-6(8) e 6-1, sendo o outro billete para o tamén portugués Gonzalo da Rosa, que venceu ao madrileño Jorge Martínez Vásquez por un claro 6-1 e 6-3.

En rapazas, as representantes españolas tamén perderon os seus partidos, a canaria Irene Vigara Ramos enfrontouse á xaponesa Ran Wakana, vencendo á asiática por 6-1 e 6-2, sendo o outro pasaporte para a final para a súa homónima.Xaponesa Yui Komada, que venceu por 6-4, 3-6 e 6-3 á cántabra Ailish García.

Tras as respectivas clasificacións para finais individuais disputáronse dous partidos de dobres, onde as representantes españolas en categoría feminina foron a viguesa Aranai Martínez e a canaria Irene Vigara, que perderon a súa final ante a selección rumano/xaponesa formada por Teodora Mirón e Miyu Nishiwaki tras un partido intenso con dous sets 6-4 e 6-7 e un tie break de partido (10-5) a favor do tándem rumano/asiático.

"Ha sido una final muy intensa donde hemos estado entrando y saliendo del partido todo el tiempo, como buenos momentos, pero también con los malos ” comentou a xogadora viguesa Aranai Martínez.

En rapaces, triunfo dos portugueses co dúo Gonzalo da Rosa e Jorge Vanine, que venceron ao tándem portugués/hispano formado por Rodrigo Duarte e o santiagués Yeray Quian por 7-4 e 6-3.

Servizo de Prensa e Comunicación, Internacional Cadete Sanxenxo.

Comparte