Aviso importante bono deporte – Licencia 2023 + Identificador Xogade 2023

La Subdirección Xeral de Plans e Programas nos envía el siguiente aviso importante sobre el bono deporte:

«Como saberedes, o vindeiro luns 8 de xaneiro abrirá o prazo para que os país/nais soliciten e descarguen o Bono Deporte. Para isto, no formulario web que deberán cubrir, terán que indicar o Identificador Xogade ou, no caso de non ter licenza polo programa Xogade, o número de licenza federativa do ano 2023. 

Recordamos que para a descarga do bono no voso caso será: 

  • Identificador Xogade –  para todos os deportistas que tendo licenza están en Xogade 
  • Licenza

Probablemente moitos pais/nais, no momento de cubrir o formulario se atopen co problema de que non saben cal é o Identificador Xogade dos seus fillos/as (ou o nº de licenza nos casos de non ter licenza por Xogade), o cal vai supoñer que non saiban o que facer, e que polo tanto é probable que nos atopemos con miles de persoas intentando contactar (vía telefónica ou e-mail), coa federación, coa Secretaría Xeral para o Deporte ou co club/colexio, etc., preguntando cal é ese Identificador ou o nº de licenza do ano 2023.

Nesta liña, agradecemos que desde a federación vos poñades en contacto coas vosas entidades para que estas lle comuniquen aos pais/nais o identificador Xogade (ou nº licenza), con vistas a anticiparnos ao posible desconcerto e trastorno que isto lles poida xerar no momento que accedan a cubrir o formulario para descargar o bono.

Informamos que xa están os establecementos adheridos publicados na web bono deporte e iránse actualizando periódicamente https://www.bonodeporte.gal/ 

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Rúa Madrid 2-4, 2º andar (Fontiñas)

15781 Santiago de Compostela

Tlf. 881996360″

Comparte