Premios Talento Mozo Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca os premios Talento Mozo Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos.


Os premios Talento Mozo Galicia que se convocan terán as seguintes modalidades:
 
  • Ciencia.
  • Rural.
  • Deporte.
  • Empresa.
  • Cultura e Creación.
 
Premios:
 
  • Outorgarase un premio de 5.000 euros por cada unha das modalidades.
  • As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.
 
Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
 
  • Ter entre 18 e 30 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
  • Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.
 
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario BS327A dispoñible en https://sede.xunta.gal
 
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de novembro de 2019
 
Máis información no DOG do 21 de outubro de 2019
 
Convocatoria: