Durante esta fin de semana xogaranse as semifinais e as finais do Campionato Galego Infantil (Circulo Mercantil e Ind. de Pontevedra) e Junior (Club de Tenis Pontevedra)

Poderedes seguir en streaming desde o noso facebook e desde a produtora "Volvemos a Primeira, producións audiovisuais" as semifinais e final do Campionato Galego Infantil


A produtora "Volvemos a Primeira, producións audiovisuais", levará a cabo a emisión de dúas das semifinais e das finais do campionato Infantil que se celebrará en en o Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra por  streaming. Durante a emisión, os espectadores poderán  chatear en directo e comentar o partido"
 
 
 
Información do torneo:
 
Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e Club de Tenis Pontevedra - Data: Do 21 de febreiro ao 8 de marzo
 
O venres 21 de febreiro comezan as fases previas, as fases finais darán comezo o sábado 29 de febreiro.
 
Celebraráse conxuntamente nos clubs Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e Club de Tenis Pontevedra.
Para facilitar a participación dos xogadores e xogadoras, a organización do torneo será a seguinte:
 
Campionato Galego Infantil: C. Mercantil e Ind. de Pontevedra do 21 de febreiro ao 8 de marzo.
Campionato Galego Júnior:  Club de Tenis Pontevedra do 21 de febreiro ao 8 de marzo.
 
Ligazóns:
 
 
 
Torneo Babolat Alevín: Club de Tenis Pontevedra do 14 ao 23 de febreiro.
Torneo Babolat Cadete: C. Mercantil e Ind. de Pontevedra do 14 ao 23 de febreiro.
 
 
 
Teñen a consideración de torneos de fin de semana e ámbolos dous torneos son totalmente compatibles. 
 
Ademáis facilitarase a coordinación de horarios dos xogadores e xogadoras que se despracen a xogar as fases finais dos torneos Rafa Nadal e Marca de Sevilla.
 
Pregamos revisen a orde de xogo xeral reflexada nas bases, xa que non se poderán facer modificacións de horarios.
 
 
Inscricións en: www.ibertenis.com
 
 
Ligazóns:
 

 

Presentación do Campionato

A presentación do Campionato Galego Infantil e Junior celebrouse no Concello de Pontevedra no que participaron o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; o presidente do Casino Mercantil, Ernesto Filgueira; o presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera; o presidente do Club de Tenis de Pontevedra, Enrique Domínguez; o director deportivo do Mercantil, Miguel  Lapido; o portavoz do Comité Organizador dos eventos, Marco Casal, e o xuíz árbitro Carlos Coira.
 
Noticias: