Federación

Xosé Mosquera Casero
Presidente da Federación Galega de Tenis 
 
SAÚDA
 
Coa miña elección como Presidente da Federación Galega de Tenis, iniciase una nova etapa na Federación, na que en primeiro lugar quero agradecer o traballo desinteresado de cantos me precederon nestas funcións de dirección, tanto dende a Presidencia, como dende a Xunta Directiva e nos diferentes Comités.
 
En segundo lugar, quero deixar constancia da labor altruísta realizada polos Presidentes e demais Directivas dos Clubes galegos para que o noso deporte sexa una realidade cada día.
 
En terceiro lugar, tamén quero subliñar a gran capacidade técnica e formativa dos nosos Mestres do Tenis (os técnicos), que fan posible que a calidade de xogadoras e xogadores mellore día a día, aquí dende logo podemos gabarnos de ter un plantel moi numeroso e capacitado, do que sinto a necesidade de citar a: Fernando Rey, Jesús Iglesias, Jesús Sánchez, Pepín Méndez, e logo detrás una relación de dez técnicos máis que a todos nos veñen a memoria.
 
En cuarto lugar, os nosos Xuíces e Xuízas, os mellores organizados de todo o Estado español, que dende a silla ou a oficina se encargan de que o noso deporte se desenvolva de acordo coas Regras do Tenis e respecte os seus valores.
 
En quinto lugar, os xogadores e xogadoras, que co seu esforzo mental e físico (se fan acredores de dez anos máis de vida, segundo os últimos estudos), pero sobre todo a gran maioría exemplifica dentro da pista todos os valores que a sociedade actual precisa (sacrificio, paciencia, respecto e saber estar). Neste apartado teño que citar a deportistas tan destacados como: Lourdes Domínguez Lino, Óscar Burrieza López, Ricardo Domínguez Munaiz, Miguel Calsal Arantes e Roberto Rodríguez Vázquez, os non citados inda están en idade de merecer. Neste apartado merecen una mención especial os nosos xogadores de tenis en cadeira de rodas, onde contamos con xogadores olímpicos como Martín De la Puente Riobó y Álvaro Illobre Saavedra.
 
Por último quero agradecer o traballo, este si retribuído, de todos os/as empregados/as da Federación, co que quero construír un equipo ben engraxado ao servizo de todo o Tenis Galego.