Primeira Proba do Circuíto Rexional Xuvenil Babolat 2019

O pasado fin de semana rematou a primeira proba do Circuíto Rexional Xuvenil Babolat, organizada conxuntamente pola Federación Galega de Tenis e os clubs: Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra e o Club de Tenis Pontevedra.


 
Esta primeira proba do circuíto que se desenvolveu do 1 ao 10 de marzo incluía as seguintes categorías:
 
  • Campionatos Galegos infantil e júnior.
  • Primeiro Torneo Babolat alevín e cadete.

 

Pontevedra foi durante 10 días o punto neurálxico do tenis galego, onde se deron cita 365 tenistas chegados de toda Galicia que participaron nas diferentes categorías, tanto individual como dobres e dobres mixtos.

 

Nas entregas de trofeos estiveron presentes:

 

  • Anxos Riveiro, edil de deportes do Concello de Pontevedra.
  • D. Xosé Mosquera, presidente de Federación Galega de Tenis.
  • D. Ernesto Filgueira, presidente do Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra.
  • D. Enrique Domínguez, presidente do Club de Tenis Pontevedra.

 

A vindeira proba do Circuíto Babolat celebrarase en maio no Real Club de Tenis Coruña, disputándose os títulos de campións galegos nas categorías Alevín e Cadete, ademáis de celebrarse o 1º Torneo Babolat de Categorías infantil e júnior.

 

Crónica de resultados dos Campionatos Galegos:

 

No Campionato Galego Júnior, Uxía Martínez do Real Club de Tenis Coruña se proclamaba campioa galega ao vencer por 6/2-6/4 á xogadora local Carla del Barrio nun intenso partido.

Na categoría júnior masculino, David Cao do Real Club de Tenis Coruña superaba ao seu compañeiro de club por 6/2-6/2.

En júnior dobres masculino os campións galegos foi a parella formada por David Cao e Alberto López, vencendo na final a Antón de la Puente / Martín Millos por un axustado 7/6(6)-7/5.

 

No Campionato Galego Infantil, Saúl Berdullas, do Club Family Los Tylos vencía na final a Ander Tarrío, do Club de Tenis O Rial por 7/5-6/2.

Na final feminina, Lara Amoeiro, de Ureca, vencía á tamén ourensana Ana Nóvoa por 6/3-6/1.

Na disputa da terceira praza que da o pase para o campionato de España,  Alejandro Vizoso superaba a Alejandro Pardo por 6/2-6/1 e Marta Rey vencía a Julia Pérez por 6/4-6/1.

En dobres masculinos Alejandro Vizoso e Saúl Berdullas impoñíanse a Alejandro Pardo e Izan Díaz por 6/0-6/2, mentres que na categoría de dobres femininos Marta Rey e Helena De la Puente gañaban a Julia Pérez e Carlota Cota por 6/3-6/0.

O torneo finalizaba coa disputa dos dobres mixtos onde a parella formada por Ander Tarrío e Lara Amoeiro proclamábanse campións galegos tras vencer a Alejandro Vizoso e Carlota Cota por 7/6-6/2.

 

O listado de campións e Subcampións das diferentes categorías foron:

 

Categoría Alevín:

  • Campión Alevín Masculino 1ª División - Andrés Pereiro López
  • Subcampión Alevín Masculino 1ª División - Yeray Quian Darriba
  • Campión Alevín Masculino 2ª División - Eduardo Núñez García
  • Subcampión Alevín Masculino 2ª División - Nicolás Bellas Panadero
  • Campión Alevín Masculino 3ª División - Antón Álvarez Veiga
  • Subcampión Alevín Masculino 3ª División - Juan Pintos Vázquez
  • Campioa Alevín Feminina 1ª División - Clara Arambillet Martínez
  • Subcampioa Alevín Feminina 1ª División - Marta Rodríguez Rodríguez
  • Campioa Alevín Feminina 2ª División - Isabel Álvarez Domínguez
  • Subcampioa Alevín Feminina 2ª División - Candela Fajardo Aranda
  • Campioa Alevín Feminina 3ª División - Claudia Obama Cordero
  • Subcampioa Alevín Feminina 3ª División - Ariadna Gómez Varela

 

Categoría Infantil:

  • Campión Infantil Masculino - Saúl Berdulas Calviño
  • Subcampión Infantil Masculino - Ander Tarrío Ponte
  • Campioa Infantil Feminina - Lara Amoeiro Santana
  • Subcampioa Infantil Feminina - Ana Nóvoa Sánchez
  • Campión Infantil Dobres Masculinos - Alejandro Vizoso Ansedes
  • Campión Infantil Dobres Masculinos - Saúl Berdulas Calviño
  • Subcampión Infantil Dobres Masculinos - Alejandro Pardo Moro
  • Subcampión Infantil Dobres Masculinos - Izán Díaz Estévez
  • Campioa Infantil Dobres Femininos - Marta Rey Gavela
  • Campioa Infantil Dobres Femininos - Helena De la Puente Riobó
  • Subcampioa Infantil Dobres Femininos - Julia Pérez Campo
  • Subcampioa Infantil Dobres Femininos - Carlota Cota Vavrinova
  • Campioa Infantil Dobres Mixtos - Lara Amoeiro Santana
  • Campión Infantil Dobres Mixtos - Ander Tarrío Ponte
  • Subcampioa Infantil Dobres Mixtos - Carlota Cota Vavrinova
  • Subcampión Infantil Dobres Mixtos - Alejandro Vizoso Ansedes

 

Categoría Cadete:

  • Campión Cadete Masculino 1ª División - Carlos Álvarez Domínguez
  • Subcampión Cadete Masculino 1ª División - Manuel Fernández Guede
  • Campión Cadete Masculino 2ª División - Bernardo López Vázquez
  • Subcampión Cadete Masculino 2ª División - Óscar Crespo Rozados
  • Campión Cadete Masculino 3ª División - Samuel Gonález Pazos
  • Subcampión Cadete Masculino 3ª División - Pablo López Cedrón
  • Campioa Cadete Feminina 1ª División - Eva Álvarez Sande
  • Subcampioa Cadete Feminina 1ª División - Lucía Martínez - Reboredo Lamela
  • Campioa Cadete Feminina 2ª División - Antía Del Rio Méndez
  • Subcampioa Cadete Feminina 2ª División - Laura Casado Trigo

 

Categoría Junior:

  • Campión Junior Masculino - David Cao Pardal
  • Subcampión Junior Masculino - Juan García Burgos
  • Campioa Junior Feminina - Uxía Martínez Moral
  • Subcampioa Junior Feminina - Carla Del Barrio Blanco
  • Campión Junior Dobres Masculinos - David Cao Pardal
  • Campión Junior Dobres Masculinos - Alberto López Hernanz
  • Subcampión Junior Dobres Masculinos - Antón De la Puente Riobó
  • Subcampión Junior Dobres Masculinos - Martín Millos Iglesias

Crónica de Carlos Coira Lojo

GALERÍA DE FOTOS

 
Primeira Proba do Circuíto Rexional Xuvenil Babolat 2019
 
 
 
Ligazóns: