Finaliza o Máster Circuito Babolat 2019

Lugar: CD D10 e C.T. As Termas
Data: 31 de agosto ao 6 de setembro


 
Do 31 de agosto ao 6 de setembro no Centro Deportivo D10 e o Club de Tenis As Termas reuníronse as mellores raquetas do Circuito  Babolat para disputar o Máster Babolat. Neste Máster dábanse cita os 8 xogadores e xogadoras mellor clasificados de cada categoría, sempre que xogasen un mínimo de 3 probas do circuíto.
 
 
Categoría Alevín masculina:
 
  • Chegaban a semifinais as 4 cabezas de serie. Na primeira semifinal, Miguel del Castillo (4) superaba a Andrés Pereiro (1) por 6/2-6/3; na outra semifinal, o cabeza de serie número 3,  Yeray Quián vencía a Alejandro Reboredo (2) por 6/2-6/0. 
  • Miguel del Castillo venceu na final ao vencer a Yeray Quián por 6/3-6/1.

 

Categoría Alevín feminina:

 

  • Nesta ocasión, Carlota Magán, sen ser cabeza de serie metíase en semifinais, ao vencer en cuartos a Marta Rodríguez (3) por 6/1-6/4. Nas semifinais Carlota caía #ante Clara Arambillet (1) por 6/0-6/1. Pola parte baixa do cadro, en  semis, Branca Trillo (2) caía #ante Emma  Baliña (4) por 6/1-6/2.
  • Na final, Clara  Arambillet impoñíase a Emma Baliña por 6/0-6/1.
 
Categoría Infantil masculina:
 
  • En cuartos de final non houbo sorpresas e as 4 cabezas de serie accederon a semifinais, que nos ofreceron uns partidos emocionantes. Saúl Berdullas (1) vencía a Izan Díaz (4) por 6/3-7/5 e a outra semifinal tivo que decidirse no  super  tiebreak onde  Ander Tarrío (3) vencía a Alejandro Vizoso por 7/6-3/6-10/6.
  • Na final,  Berdullas impoñíase a Tarrío por 6/1-6/4.
 
Categoría dobres Sub-14 masculina:
 
  • Nesta categoría a parella formada por Berdullas/Vizoso impoñíase en semis a Reboredo/Del Castillo, mentres que Díaz/Tarrío superaban a Domínguez/Tubío por 6/3-7/5.
  • A final foi moi disputada, con remontada de Díaz/Tarrío, que tras perder o primeiro set conseguiron vencer no super tiebreak 1/6-6/3-10/7. 
 
Categoría Infantil feminina:
 
  • En cuartos de final, Candela Suárez vencía á cabeza de serie número 4, Julia Pérez por 6/0-6/2 meténdose en  semis. Pola parte alta do cadro, Ana Nóvoa (1) superaba a  Lydia Espiñeira (3) por 7/5-6/0. Na outra semifinal, Candela Suárez volvía eliminar a unha cabeza de serie, neste caso a 2, Carlota Cota por 6/0-6/1.
  • Na final, Ana Nóvoa vencía a Candela Suárez por 6/3-6/2.
 
Categoría Cadete masculina:
 
  • Dani García superaba en cuartos de final a Saúl Berdullas (4) e metíase nas semifinais, que o enfrontaron ao cabeza de serie número 2, Rodrigo Pérez. En  semis García volvía facer coa vitoria nun  apretadísimo 3/6-6/3-10/7.
  • A outra semifinal non se puido disputar debido á lesión de Noel  Villarabide (3), polo que Iago Domínguez (1) accedía á final.
  • Iago Domínguez vencía a Dani García na final por 3/6-6/2-10/6.

 

Categoría Cadete feminina:

 

  • Pola parte alta do cadro, as dúas cabezas de serie Ainara Vegal (1) e Alejandra Vázquez (3) superaban os seus partidos de cuartos de final, e en semifinais brindáronnos un partido de infarto onde Vázquez impoñíase a Vegal por 7/5-6/7-10/8.
  • Pola parte baixa do cadro, Lucía do Valle metíase en  semis facendo valer a súa condición de cabeza de serie número 3, e Ana Nóvoa superaba á cabeza de serie número 2, Paula Casares por 2/6-7/6-10/3, pero non puido facer o mesmo con Lucía do Val que vencía por 6/3-6/4 na semifinal.
  • Na final, Alejandra Vázquez vencía a Lucía do Valle por 6/2-6/4.
 
Categoría Junior masculina:
 
  • As  semis enfrontaron Rodrigo Pérez (1) contra Jose Miguel Mella (4) e era o primeiro o que accedía á final ao vencer por 6/1-7/5. Na outra semifinal, Manuel Fernández Guede (4) vencía a Dani García (2) por 6/2-6/1.
  • Rodrigo Pérez superaba na final a Manuel Fernández por 6/4-6/1
 
A entrega de trofeos realizouse de forma conxunta no Centro Deportivo de D10. Nela estiveron presentes Leovigildo Real en representación do CD D10, Jose Andrés Pereiro en representación do Tenis As Termas e Ignacio López en representación da Federación Galega de Tenis.
 
CADRO DE HONRA:
 
ALEVÍN MASCULINO
- Campión: Miguel del Castillo
- Finalista:  Yeray Quián
 
ALEVÍN FEMININO
- Campioa: Clara Arambillet
- Finalista: Emma Baliña
 
INFANTIL MASCULINO
- Campión: Saúl Berdullas
- Finalista:  Ander Tarrío
 
DOBRES SUB14 MASCULINO
- Campións: Izan Díaz / Ander Tarrío
- Finalistas: Saúl Berdullas / Alejandro Vizoso
 
INFANTIL FEMININO
- Campioa: Ana Nóvoa
- Finalista: Candela Suárez
 
CADETE MASCULINO
- Campión: Iago Domínguez
- Finalista: Dani García
 
CADETE FEMININO
- Campioa: Alejandra Vázquez
- Finalista: Lucía do Valle
 
JUNIOR MASCULINO
- Campión: Rodrigo Pérez
- Finalista: Manuel Fernández

 

Crónica de Carlos Coira

 
 
 
Información do torneo
 

No máster poderanse inscribir todos os xogadores e xogadoras que o desexen (fin do prazo de inscrición: venres 30 de agosto), pero, unha vez que finalice a sexta proba (sábado 31) actualizarase o ranking Babolat e seleccionaranse aos 8 xogadores e xogadoras inscritos con mellor clasificación de cada categoría (que cumpran os requisitos de acceso ao máster), e eses serán os que participen no torneo. 

 

Unha vez seleccionados os xogadores e xogadoras clasificadas, enviaráselles un correo electrónico para que se realice o pago da inscrición, que debe realizarse a través da pasarela de pago de  Ibertenis antes do luns día 2 ás 15:00 h.

 

Ademais da categoría individual (que se xogará en formato de cadro  eliminatorio), este ano establecéronse no regulamento os cadros de dobres masculino e feminino nas categorías  sub-14 (alevín+infantil) e  sub 18 (cadete+ junior). Nestas categorías só poderán participar xogadores e xogadoras clasificadas na categoría individual.

 

Para os cadros de dobres, o prazo de inscrición estará aberto ata o domingo 1 de setembro, para que poidan conformar as parellas unha vez publicados as listaxes de clasificados en categorías individuais.

 

A orde de xogo será o seguinte (non se aceptarán modificacións):

 

  • Mércores 4: Categorías alevín, infantil e dobres  sub 14 en horario de 16:00 h a 21:00 h
  • Xoves 5: Categorías cadete,  junior e dobres  sub 18 en horario de 16:00 h a 21:00 h.
  • Venres 6, sábado 7, domingo 8: Semifinais e finais de todas as categorías.

 

Máis información e inscricións na seguinte ligazón:

 

Podedes consultar os cadros: