2ª Proba Circuíto Xuvenil Babolat: Campionato Galego Alevín e Cadete - 1ª Torneo Babolat Infantil e Júnior

O domingo 26 cerrouse a segunda proba do Circuíto Rexional Xuvenil Babolat, que incluía os Campionatos Galegos Alevín e Cadete, e o Primeiro Torneo Babolat de categorías Infantil e Júnior.


O Club de Tenis Coruña e a R.S.D. Hípica foron os clubs encargados de albergar este evento organizado pola Federación Galega de Tenis, no que participaron 370 xogadores de toda Galicia.

 

Nas entregas de trofeos estiveron presentes:

  • María José del Castillo, presidenta do Real Club de Tenis Coruña
  • Sonia López, vicepresidenta da Federación Galega de Tenis
  • Gabriel Fernández, vicepresidente da Federación Galega de Tenis.
  • Santiago Togores, presidente da R.S.D. Hípica de la Coruña.
  • Luis Ogea, vocal da sección de tenis da R.S.D. Hípica.
  • Paula García, vocal da Federación Galega de Tenis.

 

O Circuíto Galego de Tenis non para, e o vindeiro venres día 31 dará comezo a terceira proba do circuíto, o XXXI Torneo Santa Rita que terá como sedes o Club de Tenis O Rial e o Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra.

 

Crónica de resultados dos Campionatos Galegos:

 

No Campionato Galego Alevín, o lucense do Club de Tenis As Termas, Andrés Pereiro, facíase co triunfo ao superar na final ao xogador do R.C. Náutico de Vigo Alejandro Reboredo por 6/3-6/1.

Na categoría feminina, Clara Arambillet, do Sp. Club Casino de la Coruña proclamábase campioa galega ao vencer por 6/3-6/1 a xogadora de URECA, Aranai Martínez.

Marta Rodríguez e Yeray Quián conseguían a terceira praza para o campionato de España ao gañar a Emma Baliña e Miguel del Castillo respectivamente.

En dobres feminino, Marta Rodríguez e Clara Arambillet impoñíanse na final as irmáns Aranai e Naiara Martínez, por 6/4-6/1.

En dobres masculino, Yeray Quián e Álvaro Miranda vencían por 6/4-671 á parella formada por Andrés Pereiro e Ignacio García.

Na categoría de dobres mixtos, Marta Rodríguez e Álvaro Miranda superaban na final a Lucas Maceiras e Clara Arambillet por 6/2-6/2.

 

No Campionato Galego Cadete, a xogadora local Eva Álvarez levantaba o título ao vencer por 6/3-6/1 a súa compañeira de club Ainara Vegal.

Na categoría masculina, Saúl Berdullas, do Club Family Los Tilos, aínda xogador infantil, impoñíase na final a Dani García do Club de Tenis Coruña por 2/6-6/2-6/3.

Noel Villarabide e Dani García quedaban campións galegos de dobres ao gañar a Saúl Berdullas e Alejandro Vizoso por 7/6(4)-6/1.

Eva Álvarez e Sara Martínez conseguían o título de dobres feminino ao impoñerse a Ainara Vegal e Ana Pita-Romero por 6/3-6/1.

Nos dobres mixtos, Eva Álvarez e Alejandro Vizoso vencían a Dani García e Lucía Martínez-Reboredo por 6/1-6/1. Con este campionato, Eva Álvarez facía o triplete ao vencer nas tres categorías.

 

O listado de campións e subcampións das diferentes categorías foron:

Categoría Infantil:

  • Campión Infantil Masculino 1ª División – Saúl Berdullas Calviño
  • Subcampión Infantil Masculino 1ª División – Alejandro Vizoso Ansede
  • Campión Infantil Masculino 2ª División – Raúl González López
  • Subcampión Infantil Masculino 2ª División – Alejandro Valeiras Lemos
  • Campión Infantil Masculino 3ª División – Pablo Lamas Vidal
  • Subcampión Infantil Masculino 3ª División – Sergio López Lesteyo
  • Campioa Infantil Femenino 1ª División – Ana Nóvoa Sánchez
  • Subcampioa Infantil Femenino 1ª División – Lara Amoeiro Santana
  • Campioa Infantil Femenino 2ª División – Alejandra Lorenzo Alonso
  • Subcampioa Infantil Femenino 2ª División – Nerea González Arteche

 

Categoría Júnior:

  • Campión Junior Masculino – David Cao Pardal
  • Subcampión Junior Masculino – José Basanta Díaz
  • Campioa Junior Femenina – Adriana Subías Botana
  • Subcampioa Junior Femenina – Patricia Asprón Saavedra

 

Categoría Alevín:

  • Campión Alevín Masculino – Andrés Pereiro López
  • Subcampión Alevín Masculino – Alejandro Reboredo Orge
  • Campioa Alevín Femenina – Clara Arambillet Martínez
  • Subcampioa Alevín Femenina – Aranai Martínez Quintana
  • Campións Alevín Dobres Masculino – Yeray Quián Darriba / Álvaro Miranda Arroyo
  • Subcampións Alevín Dobres Masculino – Ignacio García Berdeal / Andrés Pereiro López
  • Campioas Alevín Dobres Feminino – Marta Rodríguez Rodríguez / Clara Arambillet Martínez
  • Subcampioas Alevín Dobres Feminino – Naiara Martínez Quintana / Aranai Martínez Quintana
  • Campións Alevín Dobres Mixtos – Álvaro Miranda Arroyo / Marta Rodríguez Rodríguez
  • Subcampións Alevín Dobres Mixtos – Lucas Maceiras Balado / Clara Arambillet Martínez

 

Categoría Cadete:

  • Campión Cadete Masculino – Saúl Berdullas Calviño
  • Subcampión Cadete Masculino – Daniel García Suárez
  • Campioa Cadete Femenina – Eva Álvarez Sande
  • Subcampioa Cadete Femenina – Ainara Vegal Rodríguez
  • Campións Cadete Dobres Masculino – Noel Villlarabide Varela / Daniel García Suárez
  • Subcampións Cadete Dobres Masculino – Alejandro Vizoso Ansede / Saúl Berdullas Calviño
  • Campioas Cadete Dobres Feminino – Eva Álvarez Sande / Sara Martínez Sanmartín
  • Subcampioas Cadete Dobres Feminino – Ainara Vegal Rodríguez / Ana Pita-Romero Grandal
  • Campións Cadete Dobres Mixtos –  Eva Álvarez Sande / Alejandro Vizoso Ansede
  • Subcampións Cadete Dobres Mixtos – Daniel García Suárez / Lucía Martínez-Reboredo Lamela

 

Crónica de Carlos Coira

Federación Gallega de Tenis - Coordinador Programas Deportivos 
 

Poderás acceder aos cadros e as bases nas seguintes ligazóns:

 

2ª Proba Circuíto Xuvenil Babolat: Campionato Galego Alevín e Cadete - 1ª Torneo Babolat Infantil e Júnior